Skip to main content

Resolución do Comité Executivo do PCG

O amplísimo respaldo acadado polas teses políticas e a expresión dun Congreso de unidade, unidade feita sobre os contidos políticos das Teses e que supón a resposta d@s comunistas para confrontar cun capitalismo que xa non pode ofrecer senón crises ( agora xa esquencen cando prometían coa nova economía a fin das crises ) co seu cortello de máis desemprego, precariedade e siniestralidade, feminización da pobreza, privatizacións e recortes nos sevizos públicos…; un neoliberalismo que se bota polos camiños da guerra
preventiva e do rearme ( artigos do tratado constitucional ), e que
desminte as súas promesas acerca dos dividendos da paz, esto é, o emprego dos recursos consumidos na carreira de armamentos entre o Este e o Oeste para acabar coa pobreza e a fame no mundo.
O Congreso se insire na xeira aberta pola Conferencia Política e
Organizativa de xullo de 2004. Autocrítica dos erros cometidos e proposta para os correxir. O Congreso afirma a vontade d@s comunistas de seren coprotagonistas da loita pola superación do capitalismo no século XXI. A importante incorporación de nov@s camaradas á Permanente do Partido, asemade do Comité Federal, fai patente a realidade dun Partido que conecta cos sectores máis
agredidos polas políticas neoliberais; mulleres e moz@s representan ao se incorporar a loita polo socialismo a necesidade e pertinencia do ideal emancipador do comunismo.
Se abre un periodo para consolidar e expandir a organización. As
Secretarías van desenvolver propostas de plan de traballo, propostas capaces de servir as tarefas que o Partido acordou no Congreso, e que supoñen o desplegue do Partido na sociedade, a partires da centralidade da contadicción capital- traballo. Cada camarada debe ter unha tarefa concreta e debemos de entregarlle formación teórica, política e práctica. A mellor garantía para a
recuperación de IU, expresión estratéxica da paixón unitaria d@s
comunistas, resulta ser un Partido que fai análises, propoñe políticas e traballa nas expresións de conflicto social inherentes ao capitalismo.
Fonte: PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA
Ángel Orge, Secretaría de Comunicación (Comité Comarcal PCG Vigo)