Skip to main content

25 de Xullo: Día de Galicia e Día de Galeuzka

Galeuzkaconvértese no eixo da política exterior da Galicia na Iberia.
No espírito e tamén na praxe, o Partido Galeguista considera que Galeuzka non é un pacto entre formacións políticas galegas, cataláns e vascas, senón que, desde a perspectiva histórica, debe interpretarse como un pacto entre gobernos moralmente soberáns de tres nacións con dereitos históricos lexítimos e coa irrenunciable vontade de
gobernarse por si mesmas e que, desde a actualidade, debe entenderse como un legado con plena vixencia. Para os galeguistas, a Galeuzka do 1933 e un esforzo histórico para construír unha realidade Ibérica axeitada e non colonial que conxugue, desde o respecto e o necesario equilibrio, intereses estatais, nacionais, europeos e internacionais, en marcos constitucionais nos que a unidade de acción sexa un resultado e non unha imposición, política e administrativa, previa.
No 2005, o P.G. ve en Galeuzka unha nidia mensaxe de unidade desde a diferencia, de concordia entre partidos políticos que fai fincapé nas coincidencias sen que elo implique asimilismos ou renuncias ó ideario; unha praxe de actuación interpartidaria respectuosa e útil, que facilita a construcción sociopolítica tanto dos entornos inmediatos (no noso caso: Galicia), como daqueles que, histórica ou administrativamente, conforman unha realidade xeopolítica que ten que escoitar e atender as reivindicacións das galegas e galegos.
Ningunha data mellor que esta e ningún referente mais axeitado que Galeuzka para dar fe do espírito de “Concordia Nacionalista”, que o P.G. converteu no marco de actuación fai xa vinte anos, no “V Congreso” que se celebrouno 1985.
Como resultado da nosa tradición e vocación integradora, rexeitamos esa norma escrita en ningures que aconsella manter unha permanente competitividade entre as formacións políticas, aínda que teñan obxectivos tan coincidentes como os de reivindicar os dereitos
nacionais dunha tan histórica como lexítima identidade galega que, sen xénero algún de dúbida, manifestase na realidade indiscutible dunha Galicia que existe xeográfica e sociopolíticamente e reclama as cotas de control e autogoberno do seu destino as que ten dereito histórico e moral.
Xa que logo, a Presidencia do Partido Galeguista, consonte co acordo da Executiva Nacional, fai un chamamento a tódolos militantes e simpatizantes do P.G. para que participen activa, decidida e coa mais franca concordia, neste 25 de Xullo do 2005 que, para os galeguistas, ten que ser unha data de unidade nacionalista e galeguista na
reivindicación dese compromiso común na defensa dos dereitos da Galiza que, en si mesmo, constitúe unha esperanza de porvir

Outros contidos da web www.partidogaleguista.com
• Acta histórica da constitución de Galeuzka (25 Xullo 1933)
• Decisión da Executiva Nacional na que se acorda participar co BNG nun 25 de Xullo unitario de nacionalistas e Galeguistas (21 Xullo > 2005)
• Os Galeguistas somos, históricamente, a ferramenta de transformación eficaz da Galiza
• 85 ANOS DESPOIS DO PRIMEIRO "DÍA DE GALICIA"
Xabier González, presidente do Partido Galeguista