Skip to main content

O Consello Galego de Universidades informa sobre os investimentos realizados pola Xunta ás Universidades galegas

O Consello Galego de Universidades informou aos seus membros sobre as achegas efectuadas polas diversas consellerías ás tres universidades galegas, a maiores do Plan de Financiamento, que ascenden, no primeiro semestre de 2005, ao redor dos 10 millóns de euros e corresponden a 138 convenios asinados.

No mesmo senso, deuse conta, do desenvolvemento das VII Xornadas Comarcais sobre Estrutura e Acceso ao Sistema Universitario de Galicia, nas que participaron máis de 8.000 alumnos pertencentes a 182 centros de Ensino Secundario das 53 comarcas galegas.

Asemade, nesta xuntanza os membros do consello foron informados sobre a suba das taxas universitarias, nun incremento do catro por cento para o curso 2005/06, e que volve a deixar a Galicia entre os postos máis baixos do Estando en canto aos prezos públicos de matrícula universitaria.

No Consello ademais presentáronse catro edicións recentemente publicadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: “15 anos de SUG”, “Guía de pasarelas 2005”, “Lexislación Universitaria II” e “Voluntariado Universitario de Galicia”.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia