Skip to main content

Manuel Fraga destaca o esforzo realizado pola Xunta nos últimos anos para deixar definitivamente fixado o compromiso cos entes locais

O presidente da Xunta, Manuel Fraga, destacou en Vilamarín (Ourense) a importancia dos Concellos no desenvolvemento de Galicia xa que son as institucións que “en gran medida a articulan e cohesionan”. O titular do Goberno galego fixo estas declaracións durante a inauguración da casa consistorial do Concello de Vilamarín ante a presencia dun gran número de autoridades locais.

Na sua intervención, Manuel Fraga reseñou o esforzo levado a cabo por todas as institucións públicas autónomicas e locais desexando que as novas instalacións sexan “un edificio digno, a imaxe do municipio, e un lugar preparado para acoller a todos os veciños que na súa práctica totalidade acabarán acudindo alguna vez a ela”.

Manuel Fraga fixo repaso das actuacións da Xunta de Galicia referidas á aplicación do Plan de costrucción e rehabilitación de casas consistoriais de Galicia, afirmando que nestes últimos anos “máis de cincuenta casas consistoriais foron construidas ou sometidas a grandes rehabilitacións”. Este plan, a segunda fase do cal ten previstas outras 25 actuacións, “suporá un investimento total ó seu remate de setenta millóns de euros”.

A visita do presidente ao Concello de Villamarín completouse coa inauguración do Auditorio e a posta en marcha da Casa da cultura-museo etnográfico de Vilamarín enmarcados na política de Coperación Local levada a cabo pola Xunta de Galicia na provincia de Ourense. A visita rematou cun xantar cos veciños, que amosaron o agradecemento a Manuel Fraga pola construcción do novo edificio.

INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA NA INAUGURACIÓN DA CASA CONSISTORIAL DO CONCELLO DE VILAMARÍN

- “A casa consistorial é sempre, por definición, a casa de tódolos veciños, os que representa e coa que todos, con independencia de cores políticos, acaban identificándose”.

- “Consciente disto, o Goberno da Xunta de Galicia acometeu nestes 15 anos un ambicioso plan de construcción e rehabilitación das casas consistoriais de Galicia, comenzando por aquelas que o necesitaban con máis urxencia, ben polo deficiente estado no que se atopaban ou, nalguns casos, pola incapacidade física para albergar os novos servizos que comezaban a prestarse”.

- “Así durante estes anos, máis de cincuenta casas consistoriais foron construidas ou sometidas a rehabilitacións, con axuda da Xunta de Galicia , nunha primeira parte do plan, xa rematada, e que terá continuidade na segunda fase, iniciada o ano pasado, cunha previsión de 25 novas actuaciós que , ao seu remate, suporán un investimento total de máis de setenta millós de euros”.

-“Non se pode entender o progreso de Galicia á marxe dos propios Concellos, que son os que, en gran medida, a articulan e cohesionan”.

-“Durante estes anos impulsamos un proceso que, finalmente, quedou plasmado nun documento aprobado hai menos de dous meses pola Comisión Galega De Coperación Local e que, considero sinceramente, representa un notable esforzo da Xunta de Galicia á hora de deixar definitivamente fixado o compromiso cos nosos entes locais nos que, repito, nestes anos nunca deixamos de traballar”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia