Skip to main content

A International Police Association realiza en Oleiros unha concentración de policías e motoristas o 27 de agosto

-Uns 200 policías locais, autonómicos, nacionais e da Garda Civil da Delegación de Galicia da International Police Association, escolleron entroutros concellos o de Oleiros para realizar unha das actividades lúdicas que organizan anualmente: a concentración de motos. Os lugares que percorrerán serán Santa Cruz, arredor das 10,35 hs da mañá, Mera, a estrada do Porto de Lorbé AC 163, e ás 12,30, degustarán unha mexilloada neste porto, antes de saír para Sada.

 

           A concentración disporá de todo o dispositivo de seguridade que require o evento -6 vehículos de apoio, servizo propio de seguridade e reforzo de apoio da Garda Civil de Tráfico.

 

           Esta Asociación, International Police Association –IPA- é a organización policial máis grande do mundo, con perto de 300.000 socios, que está presente en máis de 54 países. A andaina da Asociación remóntase ó ano 1950, cando un sarxento da policía británica, Arthur Troop, creou unha rede de contactos pola amizade con membros doutras policías do Reino Unido. Esta rede foi medrando ata os nosos días, acadando as cotas indicadas. A Asociación en España entra no 1961, e coa chegada da democracia, foi tomando novo pulo chegando na actualidade ós 17.000 socios pertencentes ás Policías Locais, Autonómicas, Nacionais e da Garda Civil.

 

           Dende hai 9 anos en Galicia organizouse a correspondente Delegación, con 17 asociados daquela, mentres que hoxe acadan xa os 300 funcionarios de policía, que son quen a través desta entidade, tratan temas lúdicos e profesionais cunha base de actuación en común: a amizade. De feito, o seu lema é –en idioma esperanto- “Servo per amikeco”, que ven a ser “Servizo pola Amizade”.
Carmen Carballo