Skip to main content

María Xesús Lago convida ás asociacións de iniciativa social a participar no desenvolvemento das políticas de benestar do novo Goberno galego

A secretaria xeral do Benestar da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, María Xesús Lago, mantivo no seu despacho de San Caetano un encontro con representantes da Asociación de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social ACOLLE. O obxectivo da xuntanza foi coñecer as principais inquedanzas das distintas asociacións representadas nesta entidade, ao tempo que se fixo unha primeira análise da situación xeral dos servizos de atención ás persoas maiores en Galicia.


María Xesús Lago convidou aos membros de ACOLLE a participar, a través das súas achegas e do seu apoio, no desenvolvemento das novas políticas de benestar social que o Goberno galego quere poñer en marcha. A secretaria xeral do Benestar manifestoulles que a mellora dos servizos sociais de atención aos maiores será unha das principais premisas do seu departamento.



Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia