Skip to main content

Quintana aposta por incorporar o concepto de Cultura da Paz no novo Estatuto galego

O vicepresidente da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, mantivo no seu despacho de San Caetano un encontro con representantes do Seminario Galego de Educación para a Paz co obxectivo de coñecer o seu labor e establecer liñas de colaboración con esta entidade de cara a impulsar políticas que incorporen o concepto de cultura de paz e que abarquen tódolos eidos da sociedade galega. Neste senso, Quintana transmitiulles a súa intención de incorporar este concepto de cultura da paz no novo Estatuto galego.

COLABORACIÓN

O presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios Diz, mostrouse encantado pola receptividade de Quintana, quen se comprometeu a que a cultura para a paz será asumida coma propia polo Goberno da Xunta. Así, Dios Diz informou de que a entidade que dirixe vai anunciar de inmediato a colaboración co novo Executivo autonómico, desenvolvendo un labor transversal para optimizar as iniciativas que fomenten a cultura de paz en Galicia.



Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia