Skip to main content

O 061 atendeu 44 intoxicados no concello de Vilanova de Arousa

A Consellería de Sanidade activou, no Concello de Vilanova de Arousa, un dispositivo sanitario de atención a máis de 40 persoas intoxicadas por un alimento en mal estado. Así, unha ambulancia medicalizada do 061 con base en Sanxenxo e médicos de atención primaria asistiron finalmente a 44 persoas afectadas.

A Central de Coordinación do 061 de Galicia recibiu unha chamada, dende un hotel do Concello de Vilanova de Arousa, na que informaban que 15 persoas se atopaban con vómitos, diarrea e fiebre alta. Ante esta alerta, envíase ao lugar un médico do Punto de Atención Continuada de Vilagarcía, que unha vez valorada a situación informa á Central do 061 de que poden ser ao redor de 60 persoas as que presentan estes síntomas.


Ante esta nova información mobilízanse para prestar asistencia sanitaria aos posibles intoxicados á ambulancia medicalizada de Sanxenxo e outro médico do Punto de Atención Continuada de Vilagarcía.

O cadro xeral de síntomas presentado polos finalmente 44 afectados consiste en náuseas, mareos, diarrea e febre alta. Do total das persoas que recibiron asistencia sanitaria, nove deles, que atópanse entre os 60 e os 74 anos, foron trasladados a diferentes centros sanitarios debido ao seu estado. Catro varóns e dúas mulleres ao Hospital do Salnés e dúas mulleres e un home ao Sanatorio Domínguez de Pontevedra. As 36 persoas afectadas que non requiriron ser trasladados permanecen no hotel a tratamento con antitérmicos e hidratación oral.

O dispositivo de asistencia sanitaria coordinado dende a Central de Coordinación do 061 realizou o último traslado dunha persoa afectada. Pola súa banda, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade xa enviou técnicos do servizo de epidemioloxía para investigar a causa e o alimento implicado nesta intoxicación.
Gabinete de Comunicación do Sergas (Xunta de Galicia)