Skip to main content

A Consellería de Innovación e Industria analizaría o impacto que tería sobre o pequeno comercio a posible implantación dun oulet en Galicia

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, manifestou que ata o de agora a Consellería que dirixe non recibiu ningún proxecto para a posible implantación dun Oulet en Tui, pero que de recibires dito proxecto o seu departamento realizará un informe socioeconómico para valorar o impacto que tería sobre o pequeno comercio galego.

Blanco realizou estas declaracións tras a reunión que mantivo co presidente da Federación Galega de Comercio e coas distintas asociacións do sector, e á que tamén asistiu a directora xeral de Comercio e Consumo, Ana Rúa. Nesa reunión os representantes do sector manifestaron a súa preocupación pola posible implantación dun Oulet en Tui, preocupación que o conselleiro nacionalista dixo “comprender” pero que, segundo explicou, “non podemos facer unha valoración sen coñecer o proxecto concreto”.

O titular de Innovación e Industria engadiu que entre os obxectivos da consellería atópase a protección do pequeno comercio, polo que de concretarse o proxecto desta posible nova gran superficie, farase unha valoración das súas repercusións no sector comercial galego tendo en conta tamén a normativa vixente neste ámbito.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia