Skip to main content

A Consellería de Medio Ambiente garante o cumprimento da lei na construcción de piscifactorías

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez Fernández, garantiu aos representantes da organización ecoloxista Adega que velará polo cumprimento estricto da legalidade vixente con respecto aos proxectos de construcción de novas piscifactorías e o seu impacto ambiental.

O presidente e o secretario xeral de Adega, Xan Duro e Daniel López Bispo, respectivamente, plantexaron ao conselleiro de Medio Ambiente, quen os recibiu no seu despacho en Santiago, a revisión da declaración de impacto ambiental que concedeu no seu momento este departamento á piscifactoría de Rinlo, en Ribadeo (Lugo), dado que as obras de construcción están na actualidade paralizadas de forma cautelar por orden xudicial. Os representantes deste colectivo ecoloxista rexeitan este proxecto porque aseguran que invade un espacio da Rede Natura 2000, ó igual que ocorre con outras nove futuras piscifactorías previstas no plan sectorial de parques de tecnoloxía alimentaria da costa galega.

O conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible reiterou o seu empeño de velar por que esas novas construccións teñan o menor impacto ambiental posible, e no caso concreto da piscifactoría de Rinlo garantiu que se revisará o expediente con ánimo de que se cumpra estrictamente a lexislación vixente nesta materia.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia