Skip to main content

EU-IU considera que a Xunta debe dar unha resposta satisfactoria para o IES Pedra da Auga

A situación de deterioro deste centro é responsabilidade única da Xunta de Galicia que aplica exemplarmente a política antisocial do PP no eido educativo, demostrando un total desprezo pola escola pública e pola educación en xeral. A política fiscal do PP consistente en reducir os impostos ás grandes fortunas, reducción xeral dos investimentos e aumento dos gastos militares, ten unha repercusión ineludible no sector educativo, onde nos está levando ó desastre. A pasividade cómplice do goberno Castro no concello de Ponteareas facilitou que chegaramos a esta situación.
EU-IU considera que o IES Pedra da Auga require un replanteamento xeral. Por nosa parte apostamos por un novo colexio público, cunhas instalacións dignas, con amplios espacios para servicios educativos e con zonas de aparcamento axeitadas. O crecemento constante da poboación faino inaplazable.
Comité Local EU-IU