Skip to main content

O SLG desconvoca as mobilizacións que tiña previstas en Rías Baixas

Tralo encontro da mesa do viño de Rías Baixas, celebrada hoxe na delegación pontevedresa de Medio Rural, o Sindicato Labrego Galego acordou desconvocar as mobilizacións e medidas de forza que tiña previsto iniciar hoxe mesmo en caso de non terse acadado acordos satisfactorios. O SLG cínguese aos acordos que faga públicos, oficialmente, a Consellaría de Medio Rural.

Non embargante, o SLG ficará atento ao desenvolvemento da vendima e ao cumprimento dos devanditos acordos e esixirá –tal e como se comprometeron as adegas- a recollida de toda a uva vendimada e uns prezos que, en ningún caso, baixen dos acadados na vendima pasada.
Gabinete de Prensa do SINDICATO LABREGO GALEGO