Skip to main content

A Consellería de Traballo estudiará diversos proxectos para impulsar a olería da comarca de Bergantiños

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, reuniuse en Santiago co alcalde de Malpica, José Ramón Varela Rey. Nese encontro avaliaron as distintas necesidades da zona con respecto a escolas-obradoiro e a diversas iniciativas encamiñadas a xerar emprego.


O conselleiro de Traballo mostrou especial interese pola demanda do alcalde de Malpica en canto ás especialidades de oleiros e ceramistas, e comprometeuse a estudiar a posibilidade de poñer en marcha un centro de Formación no que se impartan ambas especialidades. O conselleiro de Traballo salientou que este proxecto ten como obxectivo impulsar a riqueza tradicional da olería e a cerámica de Buño, coa formación especializada, particularmente da xente máis nova neste ámbito co que se posibilite a perduración deste oficio tradicional de tanto arraigo na comarca.

O alcalde de Malpica trasladoulle ó conselleiro outras demandas do concello en temas de escolas-obradoiro, demandas que Ricardo Varela se comprometeu a estudiar en profundidade. Analizárase igualmente a posibilidade de abrir vías de formación en profesións con demanda na zona como carpintería ou fontanería. Así mesmo dende a Consellería avaliarase un plan de acondicionamento dos muíños tradicionais da zona.









Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia