Skip to main content

Medio Ambiente e Unión Fenosa traballarán para acadar o equilibrio entre o impulso enerxético e o desenvolvemento sostible

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, recibiu en Sán Lázaro ao vicepresidente de Unión Fenosa, Honorato López Isla e ao delegado en Galicia da compañía, Luis Ramiro Díaz . No transcurso da entrevista, que durou arredor dunha hora e media, abordáronse importantes cuestións referidas a nosa comunidade.


Manuel Vázquez resaltou a gran incidencia que ten a compañía eléctrica no desenvolvemento medioambiental de Galicia: “Hoxe ábrese unha nova etapa, de intercambio de opinións, onde a consellería establecerá unhas liñas de garantías, que van ser de gran valor, tamén para a propia empresa”. O vicepresidente e consejero delegado de Unión Fenosa coincidiu co conselleiro na importancia do respecto aos recursos naturais. “Unión Fenosa é unha empresa dunha relación moi importante co medio ambiente, co desenvolvemento sostible”, declarou Honorato López Isla, quen engadiu que traballará por atopar “ese punto de equilibro entre o impulso enerxético e o respecto ao medio ambiente, que nós queremos acadar”, resaltou.

Asemade, o vicepresidente de Unión Fenosa recordou que no mes de agosto aprobouse o novo proxecto de enerxías renovables, e que Galicia é unha zona moi importante para levar a cabo ese desenvolvemento, “hai que aproveitar esa oportunidade, pero respetando as directrices da consellería”, remachou o López Isla.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia