Skip to main content

O Goberno municipal ten xa en execución as melloras da estrada de Cillarga

Acusa éste ao goberno municipal de non ter previsto a realización desta obra ao abeiro dos plans de obra a executar este ano. Resulta curioso esta acusación cando, como se supón lembrará o señor Candeira, as solicitudes para este plans provinciais remataron no mes de decembro de 2004, concretamente o 14 de decembro. E o goberno municipal xa contaba coa súa inclusión no ano 2006, inclusión, por certo, que non fixo o goberno que dirixia o señor Candeira. Por outra banda, o conflito sobre o tránsito de camións polas pistas na parroquia de Xinzo xorde no mes de febreiro de 2005. Daquela o Concello prohibiu o paso de camións polas estradas locais de Xinzo.

O goberno municipal evidenciando a súa vontade cara esta estrada encargou a redacción dun proxecto da obra de mellora desta estrada dende Lomba – Areas ata Cillarga; proxecto que foi aprobado pola Xunta de Goberno Local o 20 de xuño de 2005 cun orzamento previsto de 182.627 €. Unha obra que supón a mellora desta estrada non soio ata as canteiras, como din os socialistas, senon ata o barrio de Cillarga cunha extensión de 4,200 km pois o que se trata é de mellorar este vial para os veciños deste alonxado barrio da parroquia de Ribadetea.

Para evidenciar como este goberno municipal ten traballado arreo nesta cuestión cómpre lembrarlle ao voceiro socialista as numerosas reunións realizadas coas Comunidades de Montes de Ribadetea e Xinzo, coa Asociación de Veciños de Ribadetea, coa empresa concesionaria das canteiras, con outros empresarios e particulares afectados para artellar a realización desta obra. Paralelamente o Alcalde reunise cos responsables da Deputación Provincial de Pontevedra solicitado a colaboración e a execución desta obra sen ter que agardar á convocatoria dos planos de 2006 dado o seu carácter prioritario, dando o Presidente Rafael Louzan a súa conformidade.

Ata a punto que o pasado venres houbo unha xuntanza na Casa do Comuneiro de Ribadetea entre as entidades antes reseñadas e o Concello de Ponteareas, onde o Alcalde informou sobre a colaboración da Deputación na obra e solicitou a colaboración de todos nesta obra tan necesaria para os veciños de Cillarga. De tal xeito que agora se atopa esta estrada toda ela estaquillada e axiña se inicia o seu ensanche e a instalación da capa de rodadura para finalmente proceder ao seu aglomerado.

O señor Candeira Mosquera debería lembrar, da súa etapa da alcaldía, que os procedementos de obra teñen os seus trámites e que resulta imposible unha maior axilización que a producida e que no seu mandato no adoptou medidad algunha sobre este vial. Estas acusacións verquidas pola agrupación socialista a través do seu voceiro evidencian pola sua banda, ou unha mala intención ao reclamar unhas actuacións que eles xa saben en marcha ou un descoñecemento moi preocupante da realidade social de Ponteareas, que indicaría que non se enteran da que sucede no noso municipio.

O goberno municipal, en consecuencia, garante que en moi breve prazo a estrada de acceso ao barrio de Cillarga estará de óptimas condicións, facilitando as comunicacións fundamentalmente aos veciños do barrio de Cillarga, e de paso ao vehículos que acceden as canteiras da zona, e garantindo a seguridade vial dos usuarios desta estrada local. E será unha actuación acometida cunha grande axilidade en un prazo de tempo moi reducido.
Alcaldía Concello de Ponteareas