Skip to main content

Méndez Romeu comprométese a conseguir unha administración máis moderna, transparente, eficaz e próxima aos cidadáns

No ámbito da Administración Pública, sinalou como metas unha alta calidade dos servizos; o reforzamento da e-Administración (o que suporá un aumento do número de procedementos e xestións que se poden realizar por medio de Internet, que na actualidade ascende a máis de 130); una xeneralización do emprego das novas tecnoloxías da información e a comunicación; a reducción da temporalidade e da libre designación nos postos de traballo; a mellora do acceso e promoción por medio de procedementos abreviados para garantir que as persoas cualificadas poidan acceder á administración pública de maneira máis rápida e eficaz; e a modernización da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Xustiza, Interior e Protección Civil

No que se refire aos ámbitos de Xustiza, Interior e Protección Civil, os obxectivos refírense á modernización destas áreas; á aplicación dun modelo de oficina xudicial; á reforma do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia (CEXESGA); e á melloras e transformacións no Centro Xestor de Emerxencias, na Policía Autonómica e na Protección Civil.

Así mesmo, o conselleiro lembrou que a administración pública está sostida polos impostos dos cidadáns, e polo tanto o Goberno está obrigado a darlles servicios de calidade, axilizar os trámites administrativos, a utilizar as novas tecnoloxías e a brindar información de todas as actividades que faga a administración moderna que poidan interesar o cidadán.

Centro neurálxico

Méndez Romeu destacou o papel transversal da Consellería que dirixe, á que definiu como “centro neurálxico da Xunta de Galicia”, polo que, explicou, debe funcionar como impulso e exemplo de eficacia e modernidade para as demais. “Unha organización moderna debe ser un circuíto permanente de acción e reflexión sobre as súas accións”, declarou.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza conta con sete direccións xerais, catro delegacións provinciais, dous organismos autónomos e un Secretario Xeral. “Queremos acadar un estándar elevado cara os cidadáns e invertir en infraestructuras que fagan posible que crezamos en calidade sen crecer en tamaño”, sinalou Méndez Romeu, que engadiu que nas áreas nas que as competencias da Xunta son só parciais isto realizarase por medio da colaboración con outras entidades, como os concellos ou o poder xudicial.

O equipo directivo da Consellería está formado polo secretario xeral, Francisco Carballal Lugrís; o director xeral de Función Pública, José Rodríguez González; o director xeral de Calidade e Avaliación de Políticas Públicas, Juan José Gómez Romero; o director xeral de Relacións Parlamentarias, Manuel Guillermo Varela Flores; o director xeral de Xustiza, Santiago Antonio Roura Gómez; a directora xeral de Interior, María Isabel Durántez Gil; o director xeral de Protección Civil, Antonio Espinosa González; a directora xeral de Administración Local, Matilde Begoña Rodríguez; a delegada provincial na Coruña, Esther González Saavedra; a delegada provincial en Lugo, Begoña Santos Fernández; a delegada provincial en Ourense, Modesta Concepción Camiña Garrido; a delegada provincial en Pontevedra, Mª del Carmen Larriba García; o director do EGAP, Antonio Izquierdo Escribano; e o director do CEXESGA, Carlos Suárez-Mira Rodríguez.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia