Skip to main content

A delegada provincial da Consellería de Cultura, Milagros Lantes, visita o xoves 29 de setembro Oleiros xunto con Carlos Ameyrich

O xoves 29 de setembro a nova delegada provincial da Consellería de Cultura, Milagros Lantes Seara, realiza unha visita oficial a Oleiros, visita que comezará ás 10 da mañá cunha recepción oficial do alcalde Ángel García Seoane, e o concelleiro responsable de Normalización Lingüística, Antón Tenreiro. A delegada provincial de Cultura acudirá acompañada polo voceiro do BNG no Parlamento Galego, Carlos Aymerich.

Ás 11 da mañá, trasladaranse á dependencias do Organismo Autónomo Municipal de Cultura, onde serán recibidos polo seuPresidente Xabier Álvarez Costoya e a concelleira de Cultura, Esther Garrido Pan. A continuación, ás 12 do mediodía, realizarán unha visita á Biblioteca Central Rialeda, na que a súa responsable e coordinadora da Rede de
Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, Mari Luz Uzal Corral, guiará a visita e daralle a coñecer a política de fomento da lectura e de cobertura total do concello, coas bibliotecas municipais. O Centro Cultural de As Torres en Santa Cruz, no que se empraza tamén o Centro de Documentación da Muller e o Museo dos Oleiros, pechará a xornada de mañá, que tralo almorzo, continuará ás 16,30 horas cunha visita ás
dependencias das Escolas Municipais de Danza e de Música.Coñecer de primeira man a política e a xestión cultural que se ten realizado en Oleiros, por regra xeral sen axuda institucional algunha, é un dos obxectivos da delegada de Cultura.

Xa ás 17,30 horas, terá lugar na sé do Centro de Información Xuvenil da Fábrica unha Rolda de Prensa, á que asistirán ademais da Delegada de Cultura Milagros Landres, o presidente do Organismo Autónomo Municipal de Cultura Xabier Álvarez Costoya, e Antón Tenreiro, concelleiro de Xuventude, Deportes, Turismo e Normalización Lingüística.
Carmen Carballo (Comunicación Concello de Oleiros - A Coruña)