Skip to main content

A estrela de cine francés, José García, presenta ao público de Santiago a película El séptimo cielo, dirixida por Carlos Saura

O Consorcio Audiovisual de Galicia e a axencia de promoción de cine francés, Unifrance, organizan ata o 15 de outubro unha serie de actividades en homenaxe a unha das figuras máis importantes da cinematrografía francesa, José García.

José García, nacido en Francia, e de pais galegos, de O Carballiño, goza de grande popularidade en Francia, onde é un dos actores máis taquilleiros dende finais dos 90. Entre as súas metas máis inmediatas está a de intensificar a súa relación profesional co cine español e galego, co que xa iniciou algúns contactos.

Tras o seu paso por “El séptimo día”, da man de Carlos Saura, coa comedia “Aprés vous”, recentemente estreada no noso país como “Usted primero”. José García disponse a estrear o esperado thriller do director Costa Gavras, “Le Coupere”, no que é protagonista absoluto e que estará nas pantallas españolas no próximo outono.

Madrileños e galegos poden disfrutar ata o 15 de outubro dunha pequena mostra do talento deste autor con pases de “La verité si je mens 2” (Thomas Gilou, 2000), “Rire et châtiment” (da súa dona Isabelle Doval, 2002), “Parés vous” (Pierre Salvadori, 2003) e “El séptimo día” (Carlos Saura, 2004).

As proxeccións en Galicia iniciaranse o xoves 29 de setembro coa emisión do film “El séptimo día”, xornada na que haberá un encontro público co actor. O calendario para poder ver o resto das películas será: o 13 de outubro “Aprés vous”, o venres 14 “Riche e châtiment” e o sábado 15 de outubro “La verité si je mens2”. Todas elas estarán na aula sociocultural de Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde, 18). A entrada é libre para todos os pases. En A Coruña as proxeccións están previstas para o luns, 10 de outubro, martes 11 e xoves 13 de outubro no Centro Galego de Artes e Imaxe.

A visita de José García a Galicia completarase cun achegamento a O Carballiño, onde o venres, día 30, se lle entregará a Medalla de Ouro da vila, nun acto no que se lle quere recoñecer o afecto que amosa por este lugar que visita con regularidade sempre que os seus compromisos llo permiten.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia