Skip to main content

Fadenga Galicia trasládalle a Anxo Quintana as súas demandas sobre as persoas con discapacidade intelectual

Os integrantes da Xunta Directiva da Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Dicapacidade Intelectual de Galicia (FADEMGA FEAPS GALICIA), foron recibidos esta mañá polo Vicepresidente da Xunta de Galicia, D. Anxo Quintana, para trasladarlle ó novo responsable dos Servizos Sociais as demandas desta Federación que engloba a 44 entidades galegas que traballan por e para as persoas con discapacidade intelectual en Galicia.


A Xunta Directiva de FADEMGA solicitoulle a Quintana unha análise do coste por módulos segundo a tipoloxía do servizo prestado co obxectivo de acadar a media nacional en catro anos; así como un Plan de Necesidades para actualizar e modernizar centros en catro anos e un Plan para dotar de infraestructuras a Galicia sobre a dependencia na área das persoas con discapacidade intelectual.

FADEMGA tamén deixou constancia ante o vicepresidente da necesidade de facer un seguemento das persoas tuteladas pola Xunta a través da Fundación Galega para Tutela de Adultos (FUNGA). FADEMGA quere que se faga un control desta Fundación unha vez que asume a tutela destas persoas, incidindo en qué tipo de controles levan a cabo para interesarse pola súa calidade de vida, e comprobando se disponen do persoal suficiente para controlar ós centros de tutelados.

O presidente de FADEMGA, D. Julio Cortiñas, tamén lle fixo chegar a Quintana as reivindicacións das asociacións federadas, que suman 44 procedentes das catro provincias galegas, que solicitan axudas para inversión e melloras para este ano, e ata a data de hoxe aínda non recibiron ninguna comunicación ó respecto tendo que xustificarse antes do fin de ano.


O presidente de FADEMGA FEAPS GALICIA, Julio Cortiñas, calificou a reunión con Quintana de “satisfactoria” xa que o vicepresidente “comprometeuse a facer súas as necesidades que demanda o colectivo para Galicia e tamén a facer da atención ás persoas con discapacidade non só un problema da familia senón un problema do goberno, un problema social”. Cortiñas asegura que a Xunta Directiva de FADEMGA “saliu satisfeita da reunión xa que o Vicepresidente asegurou que ía mellorar moi sensiblemente os plantexamentos que hai sobre a atención ás persoas con discapacidade intelectual”.
CRISTINA DÍAZ