Skip to main content

Xuntanza da Executiva Nacional do P.G. en Lugo

A Executiva Nacional do Partido Galeguista celebrou na cidade de LUGO a súa xuntanza ordinaria do mes de Outubro, na que tiveron especial tratamento os deficits nas infraestructuras de comunicacions que históricamente padece Lugo (ponte sobre o Miño, autopistas Lugo-Santiago e Lugo-Ourense, etc), a necesidade de elaborar un plan estratéxico que salvagarde a presencia galega no sector enerxético,así como o III Estatuto de Galicia.

De inmediato, o PG porá en marcha unha iniciativa cara a elaboración do III Estatuto da Galiza,que ten como eixo renata-la rolda de contactos con formacións políticas locais e grupos de Concelleiros Independentes, co obxectivo de que a Galicia das Comarcas e dos Concellos, na que milleiros de cidadáns confiaron en opcións políticas distintas ós tres partidos con representación no Parlamento Galego non se vexa excluída do proceso de redacción e negociación do III Estatuto da Galicia. Un traballo integrador e eficaz para facer Paíse unha reivindicación compartida con formacións políticas locais e grupos de Concelleiros Independentes que agardamos posibilite unha postura común que terá que ser escoitada polo Parlamento Galego.

Os Galeguistas entendemos que o marco legal queten que expresar os dereitos históricos da identidade nacional da Galiza nonpode ser considerado como unha iniciativa particularista, nin pode estar suxeito a negociacións bilaterais entre o PsdeG-PSOE e o BNG, ou a potenciais consensos posteriores co Partido Popular. Como tamén
estamos seguros da necesidade de ir alén dos termos xenéricos ou dos equilibrios semánticos, como único xeito de que o III Estatuto da Galiza teña contidos prácticos que sexan verdadeiramente útiles ós diferentes sectores da sociedade.

Queremos o que a inmensa maioría dos galegos e galegas quere: un III Estatuto da Galiza que represente todo aquelo que nos une nunha idea realizable dun País construído desde a base social e territorial dos Concellos e Comarcas que o integran territorialmente, que recoñeza un anovado concepto da Galicia e unha ampla reformulación que transforme a idea, para nósdesfasada, de que o Estatuto é unha ferramenta de administración dun determinado territorio a outra, moito mais conectada coa realidade, que certifique que o Estatuto é unha ferramenta de administración dos intereses do colectivo socioeconómico formado polos galegos. Non se trata, para nós, tan só de autonomía territorial, senón que o obxectivo é a o autogoberno dos intereses
galegos que nunca son a expresión dun territorio físico e sí dun colectivo social.

A opinión e a voz da Galiza dos Concellos que contan con representantes de forzas políticas que non teñen actualmente representación no Parlamento Galego ten que ser escoitada porque, afortunadamente, Galicia é algo mais que ós tres partidos políticos con representación parlamentaria. O III Estatuto da Galiza non será eficaz nin entendible se non ten en conta o espírito histórico e plural das convocatorias das que naceron os dous anterioresEstatutos, nas que o Partido Galeguistasempre participou activamente-aínda que non tiña representación parlamentaria-.

O debate e a redacción do III Estatuto non pode excluir, para que sexa democrático e acorde co sentir
plural da cidadanía,ós representantes dun importantísimo sector da cidadanía e electorado galego que, nas eleccións locais, decidiu votar a outras opcións distintas as que representan as tres forzas que actualmente compoñen o Parlamento Galego.

O III Estatuto, que é o marco legal que expresaráos dereitos históricos daidentidade nacional da Galiza,NONpodequedarrestrinxido a negociacións bilaterais entre o PSOE e o BNG, ou a potenciais consensos posteriores co Partido Popular.

Os Estatutos e a Constitución

"A luz que alumee a revisión dosmarcos estatutarios das distintas nacións e rexións non pode ser unha candela de gas, ten que ser un facho de esperanza e unha razón que nos anime a todos a afrontar a tarefa da construcción dun Estado das Españas do século XXI".

Lembro que cando xurdiu o “Plan Ibarretxe” houbo quen escoitou as trompetas da Apocalipse; vexo agora que o “Estatut” esperta semellantes paixóns tremendistas nos que, tradicionalmente, practican o catastrofismo como un xeito de racionalidade irracional na que as verdades a medias, por moito que agridan a normalidade e ata a mesma
convivencia pacífica, son moito mais prácticas que as mentiras enteiras.

E tenme inquedo a situación porque, mais cedo que tarde, o III Estatuto da Galicia será, por exceso ou por defecto, tamén o foco da atención mediática dos que teñen na súa opinión un beneficio que, para acadar verdadeiramente o rango de oficio, non estaría de mais que conlevara rigor e profesionalidade.

Antes do 78 tíñamos unha España de provincias e rexións dependentes dun aparato estatal inequivocamente centralista; a Constitución do 78 plasma, en letra escrita e en espírito, o único marco conceptual e xurídico de Estado Español que naqueles intres podía consensuarse, pero faino conservando sen modificacións a estructura político-administrativa existente (as provincias e as Deputacións ou as Delegacións e Subdelegacións do goberno son un bo exemplo) e crea, en precario, unha estructura paralela que chama “Estatutos de
Autonomía” con competencias delegadas.

A situación foi útil no pasado como período de transición, pero hoxendía é tan pouco práctica e absurda que ten que ser revisada. Non podemos seguir instalados nun permanente conflicto entre un estado de
feito -o que representan os gobernos das nacións e rexións que conviven baixo a denominación internacional de España- e ese estado legal que, amparándose en interpretacións interesadas do marco constitucional común e na súa capacidade lexislativa de rango superior, sacraliza os poderes do goberno central e permítelle
condicionar de xeito absoluto a actuación dos gobernos das distintas nacións e rexións que aceptan un marco constitucional común, sexa o do 78 ou calquera outro que o substitúa, como principio xeral de convivencia política e administrativa.

O Constitucionalismo español ten unha perigosa tendencia histórica a crear modelos teolóxicos para a interpretación da Constitución; semella que estamos diante dunha verdade revelada da que caben interpretacións místicas, dogmáticas ou escolásticas, quedando totalmente prohibidas as que poderían ter moitas concomitancias coa
teoloxía da liberación. O grave é que as interpretacións teolóxicas, cando se trata de ordenamentos legais, derivan con extrema facilidade en correntes fundamentalistas que veñen a ser a porta de entrada a proceso lexislativos que, agachados baixo premisas mediáticas de “interese público”, conducen a ilegalidades morais que laminan as liberdades tanto dos cidadáns individualmente considerados como dos colectivos históricos e sociais que conforman.

Mediáticamente, e incluso a nivel partidista, non cabe dúbida que é moi rendible explotar a infalibilidade das interpretacións teolóxicas da Constitución; agora ben, os cidadáns e os dereitos civís que deles emanan precisan un movemento constitucionalista Español que se enmarque dentro da tradición da filosofía ou, dito doutro xeito, dunha interpretación da Constitución moderna e para nada sacralizada que transmita a mensaxe inequívoca de que tan só é un marco legal que busca establecer, do xeito mais racional posible, os principios xerais que organizan a realidade sociopolítica que nos toca vivir.


Persoalmente penso que calquera Constitución democrática limita as capacidades que teñen os gobernos para recortar, en interese da comunidade globalmente considerada, os dereitos e liberdades cidadáns; se non fora así, deixaría de ser un marco constitucional democrático para mudar en Fuero. É esta unha cuestión da meirande importancia por canto non é o mesmo ter unha Constitución Española que ese remake do Fuero de los Españoles que tanto cautivou e cautiva ó Aznarismo e que agride o sentido mesmo da convivencia pacífica dos pobosda Celtiberia.

É tempo de substituír esta cohabitación de dúas administracións (a central e a autonómica) por un modelo de Estado intelixente, práctico e estable. O Estado Español do século XXI, se quere apostar pola modernidade e solucionar eivas históricas, non debe encadearse
conceptualmente á abstracción intelectual de uns cantos séculos de convivencia histórica entre as nacións e rexións que o compoñen, case sempre materializada nunha liña de pensamento que ve na uniformidade a garantía dunha unidade mais patrioteira que racionalmente imprescindible. O desafío é extraordinario e tocoulle historicamente asumilo a nosa xeración; ou deseñamos un Estado de todos ou, a medio prazo, o estado deixará de existir. E temos que facelo tendo en conta principios tan elementais como que a solidariedade interterritorial non pode estar supeditada ós intereses políticos do goberno central senón a unha norma de compensación lexislada, equilibrada e xusta, rematando así co tráfico de apoios parlamentarios que discrimina a territorios e favorece a outros que teñen capacidade de apoio nas Cortes Estatais a gobernos en minoría.

A luz que alumee a revisión dos marcos estatutarios das distintas
nacións e rexións non pode ser unha candela de gas, ten que ser un facho de esperanza e unha razón que nos anime a todos a afrontar a tarefa da construcción dun Estado das Españas do século XXI. Todo o demais será unha perda de tempo, un xeito de escribi-la a historia con lápiz para que sexa mais doado de borrar o escrito en uns poucos anos.

Dito de outro xeito e particularizando: como galego teño o dereito lexítimo de esixir un marco constitucional a nivel estatal que respecte, acate, asuma e incorpore ó III Estatuto da Galicia… algo moi distinto o que hoxe temos porque, vístase de seda ou de mahón, a realidade de hoxe é xusto o revés: temos un fuero que de xeito
propagandístico deuse en chamar Estatuto da Nacionalidade Histórica de Galicia.

O estado das autonomías foi un invento necesario para unha xeira de transición complexa; unha solución que ten o gran mérito histórico de ter mantido mais de 25 anos unha unidade invertebrada sen que, metaforicamente falando, a falla de espiñazo afectara excesivamente a gobernabilidade da España. Pero o século XXI precisa dun Estado vertebrado, no que a unidade sexa o resultado da suma das partes e non a condición sine quae non podemos existir. Para elo, como galeguista, só vexo unha saída alumeada pola esperanza: que o modelo de Estado e a Constitución que o recolla acaten a normalidade de que os marcos de autogoberno das nacións e rexións que o compoñen son a xénese e non o apocalipse, que de eles xurde a lexitimidade democrática e a vontade de convivir nunha unidade que asume e respecta o feito plurinacional.
Xabier González, presidente do Partido Galeguista