Skip to main content

O presidente da Xunta plantéxalle a Florentino Pérez a necesidade de potenciar os vínculos de Unión Fenosa cos proxectos enerxéticos de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, plantexoulle ao Presidente de ACS, Florentino Pérez durante unha entrevista de traballo, a necesidade de ter en conta a importante e estratéxica presenza de accionistas galegos en Unión Fenosa. Touriño resaltou que esta importante presenza debe servir para potenciar os vínculos de Unión Fenosa cos proxectos enerxéticos galegos.

Pola súa banda, o Presidente de ACS informou ao Presidente da Xunta das razóns da entrada da súa empresa en Unión Fenosa, neste senso subliñou que a compra das accións de Fenosa, non responde a unha operación financeira de toma de posición, senón a un proxecto empresarial para relanzar e dar máis forza ao proxecto empresarial e industrial que representa Unión Fenosa.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia