Skip to main content

O presidente da Xunta asiste en Madrid ao acto de homenaxe á bandeira

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, asiste en Madrid ao acto solemne de Homenaxe á bandeira e ao desfile militar celebrado con ocasión do Día da Festa Nacional de España.

Estes actos, presididos polas Súas Maxestades os Reis de España, tamén contaron coa presencia dos Príncipes de Asturias, os Duques de Lugo e os Duques de Palma, así como cunha nutrida representación do Executivo, encabezada polo presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero. Ademais, estiveron presentes os presidentes do Congreso dos Deputados e do Senado así como os presidentes de Chile, Ricardo Lagos, e o de Honduras, Ricardo Maduro. Tamén participaron na homenaxe os presidentes de todas as Comunidades Autónomas, excepto o Lehendakari, Juan José Ibarretxe.

Primeiro ano de mandato

Coa súa participación neste acto celebrado na madrileña Plaza de Colón, o presidente galego cumpre coa tradición que establece que os presidentes autonómicos asisten, no primeiro ano do seu mandato, a este homenaxe do 12 de outubro. Así o fixo en 2004 o presidente da Generalitat de Catalunya, Pascual Maragall.

O xefe do Executivo autonómico tamén participa na recepción ofrecida polas Súas Maxestades os Reis de España no Palacio Real.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia