Skip to main content

A Fundación Galicia Emigración pon en marcha na Coruña e Vigo o programa de creación e consolidación de empresas dirixido a inmigrantes e emigrantes retornados

Este programa ten como obxectivo desenvolver proxectos de autoemprego e creación de novos negocios, así como consolidar empresas xa existentes na Comunidade Autónoma.

Para o desenvolvemento desta iniciativa contouse co apoio da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emigración. Tamén colaboran co programa a Confederación de Empresarios da Coruña e Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo. Precisamente, será nas instalacións destas entidades serán onde se impartan os cursos ata o 20 de decembro.

Seguimento e titorizacións

Este tipo de programas desenvólvense a través de clases teórico-prácticas e titorías individualizadas. Deste xeito, proporciónanse ás personas participantes ferramentas de xestión empresarial, así como, una ampla información para o inicio de actividades empresariais en Galicia, prestando atención ao desenvolvemento das habilidades necesarias para convertirse en empresarios.

A través da consultoría activa e individualizada, a cargo de profesionais especializados e cunha ampla experiencia en cada unha das áreas impartidas, se analiza a viabilidade do proxecto en todos os seus aspectos. Ademais, axúdase ao emprendedor a elaborar un Plan de Empresa.

Unha vez rematado o programa, o emprendedor enfróntase ao reto de poñer en marcha e consolidar o seu proxecto. Para iso, a Fundación Galicia Emigración deseñou un proceso de seguimento e titorización individualizado de cada iniciativa, facilitando información e asesoramento personalizado para a súa presentación ante entidades financeiras e programas de apoio, públicos e/ou privados, dirixidos a emprendedores.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia