Skip to main content

Losada invita ao PP a abandonar a estratexia da confrontación e a publicidade enganosa e traballar con sentido de país

O secretario xeral de Relacións Institucionais, Antón Losada, lamenta a decisión do PP de facer unha campaña contra a reforma do Estatuto catalán, baseada en adicar 500.000 euros “á confrontación e á crispación”. Esta campaña foi presentada onte polo secretario xeral do PP, Ángel Acebes, baixo o lema “Si nos queren cambiar a Constitución temos dereito a dar a nosa opinión”. Losada lamenta especialmente que esta campaña sexa unha “publicidade enganosa” baseada na falsedade de que a reforma do Estatuto catalán é unha reforma da Constitución, cando xa o Parlamento español no uso da súa soberanía e as súas atribucións rexeitou cualificala como tal reforma constitucional, a pesares do empeño do PP en que así fose.

Antón Losada lamenta igualmente o feito de que esta campaña demostre “o escaso respecto que o PP amosa polo dereito dos pobos a decidir o seu futuro”. O secretario xeral de Relacións Institucionais animou por iso ao PP galego a “desmarcarse expresamente desta estrategia de enfrontamento indiscriminado” decretada pola dirección do partido en Xénova, e pregúntase “si cando os galegos decidamos reformar o noso Estatuto o PP nos reserva unha campaña tan desagradable coma esta”.

Por iso, o secretario xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia apelou aos populares galegos afirmando que “si queda algún rastro de galeguismo e compromiso co país nas filas do PP este é o momento de que escoitemos as súas voces altas e claras”. Losada animou ao PPdeG a deixar a un lado esta estratexia do partido a nivel estatal e adicarse a “traballar en positivo e con sentido de país”.

Losada recordou que en Galiza o proceso de reforma estatutaria é “un ejemplo de serenidade, tranquilidade e consenso”, algo que según Sinaloa “todos debemos cuidar e esforzarnos en mantelo así. Esa é a responsabilidade do Gobierno pero tamén da oposición”, acrecentou.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia