Skip to main content

Medalla de honra do Partido Galeguista (PG) para Antón Moreda

A Executiva Nacional do P.G. do mes de Novembro coincide coa data na que, fai 27 anos, o Partido Galeguista recuperou a legalidade da que lle tiña privado a dictadura franquista –Asemblea de reconstitución e aprobación do Documento de Principios, 5 de Novembro do 1.978- e do I Congreso que celebrou o P.G. na restauración democrática -4 de Novembro do 1.979-. Nese congreso Ramón Martínez López resultou elexido Presidente do P.G.; Don Ramón, xunto con Manuel Beiras García foron figuras claves do galeguismo moderno pois mantiveron un apoio incondicional aqueles galeguistas que impediron as dúas desfeitas do P.G. promovidas por Rodríguez Peña na década dos oitenta, apadriñando a unha xeración galeguista que mantivo as siglas e o proxecto do P.G. ata os nosos días.

Novembro é tamén o mes no que fai case 90 anos saiu a rua o primeiro número de A Nosa Terra (A Coruña, 1.916) e fíxose público o Manifesto Nacionalista de Lugo (1.918), ambalas dúas efemérides recoñecidas como feitos clave do Galeguismo e do P.G.

Como expresión desa continuidade histórica do P.G., a Secretaría Xeral dos Galeguistas levará a Executiva Nacional do mes de novembro a proposta de concesión da máxima distinción do P.G., a insignia de ouro co emblema histórico, aAntón Moreda,cofundador das Mocedades Galeguistas de Bós Aires (22 de Agosto do 1.953) e persoeiro de destacada traxectoria militante no Partido Galeguista. Do mesmo xeito que Lois Taboada Camoeiras, a quen otorgou a máxima distinción galeguista o VIII Congreso do P.G., Antón Moredaabrangue na súa figura humán e política tódolos valores galeguistas históricos xunto co espíritu de decidida aposta pola cosntrucción do Galeguismo do século XXI.
Secretaría de Comunicación do Partido Galeguista (PG)