Skip to main content

Xuntanza da Executiva Nacional do P.G.

Tal como recolle o texto do acordo: "...do mesmo xeito que Lois Taboada Camoeiras, a quen otorgou a máxima distinción galeguista o VIII Congreso do P.G., Antón Moreda abrangue na súa figura humán e política tódolos valores galeguistas históricos xunto co espíritu de decidida aposta pola construcción do Galeguismo do século XXI, sendo, polo mesmo, expresión viva desa continuidade histórica do Partido Galeguista".
A Executiva Nacional tivo asimesmo lembranzas para este mes de novembro cheo de datas significativas da historia do Galeguismo. Fai case 90 anos saiu a rua o primeiro número de A Nosa Terra (A Coruña, 1.916) e fíxose público o Manifesto Nacionalista de Lugo (1.918), ambalas dúas efemérides recoñecidas como feitos clave do Galeguismo e do P.G. Por outra parte fai 27 anos, o Partido Galeguista recuperou a legalidade da que lle tiña privado a dictadura franquista –Asemblea de reconstitución e aprobación do Documento de Principios, 5 de Novembro do 1.978- e do I Congreso que celebrou o P.G. na restauración democrática -4 de Novembro do 1.979-. Nese congreso Ramón Martínez López resultou elexido Presidente do P.G.; Don Ramón, xunto con Manuel Beiras García foron figuras claves do Galeguismo moderno pois mantiveron un apoio incondicional aqueles galeguistas que impediron as dúas desfeitas do P.G. promovidas por Rodríguez Peña na década dos oitenta, apadriñando a unha xeración galeguista que mantivo as siglas e o proxecto do P.G. ata os nosos días. Especial lembranza para eles nun mes no que tamén se cumple un ano desde a celebración do VIII Congreso do P.G.
Asimesmo, por unanimidade a Executiva Nacional acordou que o P.G. apoiará a candidatura do Patrimonio Inmaterial do Galego-Portugués que ten como obxectivo a súa declaración como Patrimonio da Humanidade.
Os informes do Secretario de Política de Sanidade, Sixto Sánchez Otero, respecto da iniciativa presentada diante da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e do Secretarío de Política Turística, Suso Martínez, en relación co avance da proposta que está elaborando a súa Secretaría sobor da creación dun producto turístico Galego con rango internacional, xunto con outras como a posta en marcha da Biblioteca de iniciativas municipais de Concelleiros Galeguistas, do Buzón Cidadán e varias iniciativas de política de proximidade que se porán en marcha no próximo trimestre centraron o traballo da Executiva Nacional.
Xa no apartado estrictamente político, a Secretaría Xeral deu conta da inmediata integración no P.G. de unha formación política que conta con representación municipal e que se oficializará na vindeira semán, así como das previsions de incorporación, nas próximas semáns, ó proxecto Galeguista de outros partidos e concelleiros independentes. Nas intervencions, tanto a Secretaría Xeral como a Presidencia do P.G. e os demais membros da Executiva Nacional, houbo unanimidade na analise de que é imprescindible seguir o mandado do VIII Congreso de unificar ó Galeguismo baixo a identidade histórica e común que representan, para tódolos galeguistas, as siglas do P.G.; un mandado que diferencia, desde o seu irrenunciable compromiso co futuro da Galiza, ó proxecto Galeguista de outras tentativas, presuntamente aglutinadoras, coas que o P.G. non comparte nin a estratexia do oportunismo nin a dinámica de confundir os intereses persoais cos intereses das galegas e galegos. O P.G. manterá, como ven sendo unha constante, liñas de diálogo razonable con outras formacións políticas e independentes, que permitan sumar forzas e compromisos; unha vocación aperturista definida e concreta, asentada na historia e dirixida a crear un futuro mellor para a nosa Terra, tendo sempre moi claro a quen queremos e admitimos como irmans neste proxecto histórico de construir un Galeguismo do século XXI que leve á Galiza onde os galegos e galegas queren.
Secretaría de Comunicación do Partido Galeguista (PG)