Skip to main content

Santiago Domínguez Olveira desexa sorte ao piloto galego Xacob Agra

O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, desexoulle a mellor das sortes ao piloto porriñés Xacob Agra, na súa participación no Lisboa-Dakar, que comezará o día 30 de decembro. O equipo Yamaha Dakar presentouse en sociedade no Concello de O Porriño, coa presenza do director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira; o alcalde de O Porriño, Raúl Francés, e a totalidade do equipo de motos.

Domínguez destacou que dende que comezou a falar con Agra viu claro que “tiñamos que apoiar este proxecto que sirve para que o noso deporte brille polo mundo adiante e sexa exemplo para que os nenos e nenas se acheguen ao deporte”.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia