Skip to main content

O Fondo Galego abre a súa convocatoria de axudas a ONGDs

Este é o sétimo ano que o Fondo Galego realiza esta convocatoria, coa que se pretende resumir nunha única instancia o compromiso dos concellos e as deputacións de Galicia que desenvolven políticas de cooperación internacional, e expresar un apoio directo a aquelas ONGDs que contan cunha presencia real en Galicia. Así mesmo, se aspira a mellorar a coordinación das políticas de cooperación que desenvolven as diferentes Administracións, incluída a Xunta de Galicia, a fin de evitar dispersións que restan eficacia á axuda. 
O Fondo Galego leva financiado máis de cincuenta proxectos por un valor total de máis de un millón de euros, o que supón un incremento substancial e progresivo da sensibilidade cooperativa no ámbito local en Galicia.
Na súa convocatoria, o Fondo Galego define tanto áreas xeográficas como ámbitos temáticos prioritarios, apostando por un compromiso co desenvolvemento sostible, os dereitos humanos e a gobernabilidade democrática nos países do Sur.
O prazo desta convocatoria remata o 31 de marzo e as Bases poden ser consultadas na dirección electrónica: www.igadi.org
Igadi