Skip to main content

A Federación Ecoloxista Galega fai balanzo ambiental do 2005: Annus horribilis

Problemas:

No 2005, produciuse o fenómeno da desaparición global da xestión en materia de conservación do medio ambiente, en beneficio do sector económico e grandes empresas en prexuízo do interese Xeral. As xustificacións dun interese social, os postos de traballo e os beneficios económicos, son simple cosmética. Así, Galiza volve a ser un do territorios onde menos se protexe o medio do Estado Español e da Unión Europea.

Galicia apostou por unha economía tercermundista na que so sabe explotar os seus recursos naturais, onde soamente se pode sacar beneficio, explotando cada vez máis estes recursos.

Produción eléctrica a toda máquina.- No 2005 abriuse a temporada de rebaixas, e permitiuse administrativamente a implantación destas instalación, sen precedentes en ningún pais desenvolvido. Estes proxectos puxeron e ainda poñen en perigo as últimas zonas que quedan con alto valor ambiental e as últimas paisaxes naturais sen alterar que nos quedan.

Rede Natura 2000: papel mollado.- A Unión Europea, iniciou o proceso para crear unha rede de espazos protexidos, para protexer os hábitats es as especies máis importantes a nivel europeo e de cada pais que a integran. A finais do 2004 Bruxelas, aprobou a pobre lista proposta por Galiza, de aqueles espazos que van formar parte desta rede do territorio Galego e dándolle so seis anos para dota-los das medidas de Xestión e protección necesarias para a conservación dos seus valores ecolóxicos. En Galiza, ademais de perder un ano para aplicar as condicións europeas, so serviu para abaratar o prezo do solo, solo no que os donos particulares aplicábase estrictamente a normativa, pero agora permítese calquera cousas ás grandes empresas. Exemplo disto, o Plan sectorial de Parques de Tecnoloxía Alimentaria (Piscifactorías) ou o “Boom” urbanístico do litoral. Ameazas que a día de hoxe, e no 2006 segue e seguirá pendurando sobre os espazos da Rede da Costa.

Adeus aos vixilantes ambientais. A supresión da gardería Ambiental que ata o 31 de decembro de 2004 tiña Galiza para vixiar os parques e espazos naturais protexidos, a caza a pesca, e incluso controlaban temas de urbanismos, contaminación etc. foi desmantelada, incorporando todos estes axentes, ao servizo de Gardería Forestal. para reforzar a vixilancia dos incendios forestais pasando o resto de competencias ambientais a un segundo plano. Esta decisión, e aos feitos nos remitimos, non serviron para nada. O 2005 os incendios continuaron sendo unha lacra, e incluso aumentaron os incendios, e pola contra aumentou o furtivismo e as prácticas ilegais nos nosos montes e ríos, abandonáronse totalmente os espazos protexidos.

Resumindo o anteriormente mencionado, á FEG lle consta a presenza de cazadores, fai un par de semanas, no Parque Natural de Corrubedo (onde está prohibida esta actividade), a horas nocturnas (en Galiza está prohibido) e na que abateron varias aves de rapaces (especies que están protexidas e non figuran na lista de especies cazables).

LOGROS:

Moratoria das minicentrais.- Coa entrada do novo goberno, e grazas á presión dos afectados e do movemento ecoloxista (a través de Iniciativa Lexislativa Popular de protección dos ríos) aprobouse unha moratoria de tramitación dun bo número de saltos hidroeléctricos que ían estragar moitos quilómetros de ríos en Galiza. Este anuncio, feito polo responsables de Medio Ambiente, acompañou coa promesa dun novo plan sectorial para nosas concas fluviais.
A FEG espera que non sexa un mero espellismo.

Kioto cara adiante, pero fai falla máis.- A reunión de Montreal, no nivel internacional, e o anuncio dun plan de reducción de emisións de gases de efecto invernadoiro, no ámbito Galego, son pequenos pasos para reducir os efectos do cambio climático. O compromiso feito pola Consellería de Medio Ambiente debe ser a contribución de Galiza para colaborar cun problema planetario. A FEG lembra que hai outras Consellerías que se deben implicar no problema e que ata agora non se posicionaron.

Non podemos esquecer, que no 2005 o cambio político da Xunta de Galicia, e que os novos inquilinos herdaron unha situación ambiental bastante problemática. Ata o de día de hoxe, so se pode valorar promesas ou posicionamentos, pero ata o de agora poucos son os feitos.

A FEG lémbralle á Administración que a responsabilidade de protección do Medio Ambiente non é dunha soa Consellería, senón de moitas outras que ata o de agora nunca foron consciente disto, que este cambio de rumbo, sirva para que o medio ambiente se teña en conta nos Plans sectoriais das distintas políticas a exercer.
Federación Ecoloxista Galega (FEG)