Skip to main content

O alcalde e a concelleira de Servizos Sociais reúnense co vicepresidente da Xunta de Galicia

No decurso da reunión o Vicepresidente Quintana foi informado polos edís de Ponteareas de tres asuntos prioritarios para o noso Concello. En primeiro lugar, se lle presentou o proxecto do centro para discapacitados Asprodico no que fallan por rematar dos módulos para talleres e a construcción no baixo do edifico dun centro de día adicado exclusivamente a discapacitados; fóronlle entregados os proxectos de obra e as correspondentes memorias valoradas para a posta en marcha e mantemento deste servizos dirixidos aos discapacitados de Ponteareas e a súa bisbarra.

Tamén informouselle do remate, en torno ao mes de maio, das obras de ampliación da Escola Infantil Municipal, que suporá un incremento do 50% no número de rapaces atendidos dende este centro, solicitando axuda económica para o seu mantemento pois as achegas dos pais financian únicamente unha pequena parte do orzamento da Escola que cumpre unha importante función social.
Finalmente o terceiro proxecto para o que foi solicitada a axuda da Vicepresidencia foi a culminación e mantemento do centro de día para maiores que se está executando na Residencia da Terceira Idade de Ponteareas e que estará destiñado á atención dos nosos maiores que presenten algunha problemática.

O Vicepresidente para o Benestar e a Igualdade amosou o interese da Xunta de Galicia por impulsar a cooperación e coxestión dos recursos e iniciativas destinados ao benestar e á igualdade, informando aos representantes municipais de Ponteareas dos proxectos da Xunta verbo destes temas, como é a creación dunha rede galega de garderías que atenda aos máis pequenos, así como o impulso á creación de consorcios para a atención aos maiores e discapacitados.

De todos os xeitos o Vicepresidente quedou en respostar concretamente ás peticións do Concello de Ponteareas no decurso deste mes de xaneiro; pola súa banda o Alcalde e a Concelleira de Servizos Sociais valoraron positivamente o interese amosado polo Vicepresidente da Xunta e confían nunha resposta positiva ás necesidades dos cidadáns de Ponteareas en materia de asuntos sociais.
Concello de Ponteareas