Skip to main content

O alcalde de Ponteareas mantivo unha entrevista co director xeral para o Deporte da Xunta de Galicia

No decurso da reunión o Alcalde ponteareá amosoulle ao Director Xeral que diante do importante incremento demográfico experimentado por Ponteareas nos últimos anos as actuais instalacións do Pavillón Polideportivo Municipal resultan claramente insuficientes ao que cómpre engadirlle a antigüidade deste edificio, o que implica a necesidade de acometer a construcción dun novo Pavillón de Deportes que resposte á demanda social do amplo abano de grupos deportivos existentes en Ponteareas.

Neste aspecto o Director Xeral informoulles que a construcción deste novo Pavillón tería de abordarse no Plano cuatrienal de infraestructuras deportivas que comezará o vindeiro ano 2007 e no que participan as diversas administracións públicas de Galicia (Xunta, Deputacións e Concellos).

Tamén o Alcalde informoulle da necesidade de mellorar as actuais instalacións deportivas, con especial interese por parte do Concello de acadar a cubrición das pistas polideportivas de varios colexios e de diversas parroquias. O Director Xeral remitiu ao goberno municipal a presentar estes proxectos ao abeiro da convocatoria de subvencións que para mellora de equipamentos deportivos publicará en datas vindeiras a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia. Cabe lembrar que no pasado ano ao abeiro desta mesma convocatoria xa foron milloradas as pistas da zona deportiva de A Freixa e as pistas de O Reiro, contiguas ao Pavillón de Deportes.

O Alcalde amosou a súa satisfacción pola favorable acollida e o interese amosado polo Director Xeral cara as necesidades do Concello de Ponteareas, confiando que no futuro estas boas intencións se materialicen en obras concretas que doten ao noso municipio dos equipamentos deportivos que precisa.
Concello de Ponteareas