Skip to main content

Igualdade e Sanidade van comezar traballarán conxuntamente para garantir o dereito ao aborto na sanidade pública

A Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Xunta e a Consellería de Sanidade van comezar a traballar conxuntamente para garantir o dereito ao aborto nos centros hospitalarios públicos de Galiza. Ambos departamentos acordaron xa a constitución dunha Comisión de Estudo para avaliar os pasos que deberán darse para garantir que todas as mulleres galegas poidan beneficiarse deste dereito nos supostos legais vixentes dentro da rede hospitalaria de Galiza.


A secretaria da Igualdade, Carme Adán, expresa a súa satisfacción polo recente anuncio da Consellería de Sanidade de que se garantirá o dereito ao aborto nos centros hospitalarios públicos de Galiza. A responsable de Igualdade da Vicepresidencia considera a saúde sexual e reprodutiva das mulleres coma un tema do máximo interese para o seu departamento. Por iso, ademais do grande paso que supón garantizar este dereito na sanidade pública, comprométese a traballar man con man con Sanidade para acadar tamén que se garanta a anestesia epidural na sanidade pública a todas as mulleres que así o soliciten.



.- A Vicepresidencia da Xunta colabora coa Consellería de Sanidade dentro da campaña extraordinaria de revacinación contra a meninxite que comezará en toda Galiza o vindeiro 6 de febreiro e rematará o 30 de xuño. Todos os centros de menores dependentes da Vicepresidencia participarán nesta campaña, que afectará a 721 mozos e mozas deses centros. Dende fai unhas semanas, a Vicepresidencia está enviando cartas informativas aos directores dos centros e titores dos menores para explicarlles en que consiste a campaña e como se vai desenvolver.

Dende a Vicepresidencia preténdese que, no que atinxe aos seus centros dependentes, a campaña sexa o máis rápida e efectiva posible, polo que se lle pide a máxima colaboración aos directores, responsables e titores dos mozos e mozas, sempre informando ademais dos beneficios desta iniciativa e da ausencia de problemas ou alertas. Tal e como explicou o pasado venres a conselleira de Sanidade, María José Rubio, esta campañá só se fai como medida de precaución entre o sector de poboación que no seu día xa recibiu unha vacina, pero que era menos efectiva que as existentes na actualidade. Tras resolverse o concurso vixente aínda agora para a compra de vacinas e despois do reparto de unidades, a campaña de revacinación comezará o vindeiro mes de febreiro.
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA VICEPRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA