Skip to main content

Galicia, País Vasco, Asturias e Cantabria crean un Comité de Coordinación Pesqueira do Cantábrico Noroeste

Galicia, País Vasco, Cantabria e Asturias crearán un Comité de Coordinación Pesqueira que lles facilite a posta en marcha de accións de colaboración en materias específicas. Así, a Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar viaxou a Vitoria para manter unha xuntanza cos seus homólogos do Cantábrico Noroeste e impulsar a creación deste órgano. Esta iniciativa enmarcase na nova política pesqueira que o Goberno galego quere levar a cabo e que comezou o pasado 6 de setembro en Santiago coa firma dun memorando de entendemento entre o departamento que dirixe Gallego Calvar e as consellerías de pesca vasca, asturiana e cántabra que permitía a captura de cebo vivo a estas flotas en augas de Galicia.

O memorando asinado responde a importancia da actividade pesqueira nas catro comunidades e persegue manter as tradicionais relacións de amizade e colaboración entre as Administracións e os sectores pesqueiros que rexurdiron co convenio asinado en setembro. Deste xeito, a coincidencia en boa parte dos caladoiros e recursos explotados polas frotas destas catro comunidades autónomas, o interese de contribuir conxuntamente a un desenvolvemento racional e sostible da pesca, que permita unha optimización dos recursos pesqueiros, marisqueiros e da acuicultura e a conveniencia de articular unha relación de colaboración entre as partes foi o que deu fruto a este novo memorando de colaboración.

Creación dun Comité pesqueiro

O Comité de Coordinación Pesqueira do Cantábrico Noroeste (CCPCN) estará constituido polos responsables das direccións en materia pesqueira das catro comunidades implicadas e reuniráse unha vez por semestre, de forma ordinaria, aínda que poderanse convocar reuniones de carácter extraordinario cando as circunstancias así o esixan. Ademais, poderanse crear grupos de traballo para abordar aspectos específicos que poderán contar coa participación de expertos. As funcións do CCPCN serán as de definir os programas e accións de colaboración en materias específicas, revisar e coordinar o seu desenvolvemento e, naqueles casos que o requiran, determinar a financiación das accións e as súas correspondentes contribucións.

As áreas de actuación do Comité abordarán aspectos vinculados a: Ordenación, Inspección e Control, Estruturas e Mercados, I+D+i, Formación Náutico-Pesqueira e Acuicultura. No eido da investigación, as catro comunidades colaborarán na definición, desenvolvemento e financiación de proyectos de I+D+i de interese común. Por outra banda, definirase un marco estable de cooperación entre equipos de investigadores e tecnólogos e promocionarase a transferencia de tecnoloxía e coñecemento de cara ao sector.

No ámbito de inspección e control, o convenio asinado hoxe en Vitoria recolle o establecimento de canles de colaboración entre os respectivos servizos de inspección , así coma unha cooperación continuada dos corpos de inspectores de Galicia, País Vasco, Asturias e Cantabria.

Por último, no apartado de Ordenación, o CCPCN traballará a favor da armonización do esquema de taxas e sancións e fomentará o desenvolvementoa de plans de xestión de recursos de interese común.

A materialización de proxectos concretos con contido económico, según recolle o novo memorando, levarase a cabo conforme as respectivas normativas internas de cada comunidade.

O texto foi presentado na delegación do Goberno Vasco en Vitoria e no transcurso do acto, os conselleiros de Asturias, País Vasco e Cantabria destacaron o importante papel da Conselleira de Pesca, Carmen Gallego, no novo marco de cooperación entre as comunidades do Cantábrico e recoñeceron que o convenio para a captura de cebo vivo “foi o xerme do documento que estamos a asinar hoxe todos”.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia