Skip to main content

Medio Ambiente inviste 13 millóns de euros na recuperación hidrolóxica das escombreiras de pizarras

Os gobernos central e autonómico a través dos seus departamentos de Medio Ambiente investirán uns 13 millóns de euros na recuperación hidrolóxica das escombreiras de pizarra na conca do río Sil. O proxecto global ronda os 20 millóns de euros, que son asumidos nun 70% polo Ministerio de Medio Ambiente, nun 20% polas empresas do sector e o 10% restante, a partes iguais, polas consellerías de Medio Ambiente e Industria.

Os membros do denominado pacto ambiental para a recuperación hidrolóxica das escombreiras de pizarra reuníronse en O Barco de Valdeorras para analizar o estado das obras e proxectos de rexeneración ambiental que se teñen previsto acometer en varias fases.

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, resaltou a importancia desta xuntanza, posto que o obxectivo principal da mesma é fixar os prazos de licitación das obras que está previsto acometer en catro fases. O titular autonómico recordou que é necesario iniciar canto antes estas obras, posto que as actuacións están subvencionadas con Fondos de Cohesión que rematan en 2007. Manuel Vázquez estivo acompañado na reunión polos directores xerais de Calidade e Avaliación Ambiental, Joaquín Buergo, e de Augas de Galicia, José Luis Romero, departamentos directamente implicados na realización destas obras.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia