Skip to main content

Touriño manifesta o compromiso pleno da Xunta de Galicia en nome de todos os galegos cos cidadáns que padecen esclerose múltiple

O xefe do Executivo autonómico, Emilio Pérez Touriño, manifestou o “compromiso pleno” da Xunta de Galicia “en nome de todos os galegos” cos cidadáns que padecen esclerose múltiple.

O titular do Goberno galego fixo estas declaracións no Pazo dos Deportes da Coruña durante a súa intervención na apertura da II Gala Nacional de Patinaxe Artística organizada pola Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM).

Pérez Touriño destacou que o acto celebrado “sintetiza a mellor forma de facer país”, a través do mundo solidario do deporte. O presidente subliñou que coa cooperación e solidariedade amósase a capacidade de compromiso da nosa sociedade.

Ao seu xuízo, a organización da II Gala Nacional de Patinaxe Artística é o resultado do “compromiso daqueles cunha situación de dependencia que reclaman responsabilidade” por parte das distintas administracións. “Quero agradecer este xesto en nome dos galegos e das galegas”, afirmou.

O presidente da Xunta resaltou que dende o Goberno que preside e dende os concellos que traballan nesta dirección para conseguir que a cidadanía “viva máis feliz e con solidariedade” aplaude actos como o de hoxe que teñen por obxectivo “darnos a man e vivir solidariamente”.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia