Skip to main content

Xornada da Infancia Misioneira

É unha inciativa de Obras Misionales Pontificias coa fin de suscitar nos nenos o desexo de axudar a outros nenos coa oración e a colaboración económica no coñecemento do Evanxeo. En Lugo realizouse esta campaña durante toda esta semana en colexios e parroquias mediante charlas e testemuñas de tres misioneiros.

Con este motivo, o Vicario Xeral da Diocese, Gonzalo Fraga Vázquez, escibíu unha carta tentando resumir a intención desta xornada. Agradeceríamos a súa colaboración na difusión da mesma o domingo.

INFANCIA MISIONEIRA 2006

"Cada ano, openúltimo domingode xaneiro fáisenos unha chamada a vivir unha xornada misioneira: é a xornada misioneira dos nenos. Os nenos son os protagonistas desta celebración. Trátase de axudar ós nenos dos países de misión e buscase mentalizar a tódolos nenos de que eles deben ser os que leven a caboestaaxuda.

Pero nestamentalización ou nestatoma deconciencia son outras persoas as que están tamén implicadas. Aí estamos implicados todos. Certo que son os pais e os educadores os primeiros implicados, pero é toda a socie dade a que ten que asumir esta responsabilidade. ¿Cómo se está educandoparaa fraternidade? ¿Qué valores se cultivan nas nosas familias, na es cola, na nosa sociedade?.

Hai que abrir os ollos á realidade. Dous millóns de nenos morren ca da ano de fame. Centro trinta millóns de nenos están sen escolarizar. Dous centos millóns de nenos traballan como escravos. Hai cen millóns de nenos na rúa con total abandono social e familiar. As carencias sanitarias, de alimentación e de educación afectan o sesenta por cento dos nenos do mundo.

Esa e a estatística fría e desencarnada. Sabémolo pero non o sentimos. Por iso este ano o lema da campaña é: "Sinte a misión no teu corazón". Esta e mensaxe e o interrogante para todos. ¿Onde está a xenerosidade, a xustiza, a compaixón, a misericordia?. So un corazón que ama, que se entre ga, que fai da vida un servizo é capaz de vivir comprometidamente esta mensaxe.

Para os crentes é unha urxencia e unha obriga vivir a comuñónnafe e na caridade. Para todos urxe a solidaríedade con tódolos que non go zan da riqueza dun mundo que non nos pertence en exclusividade.

A nosa diocese de Lugo contribuíu a campaña pasada a paliar estas necesidades con 14.900 euros. Foron para colaborar en dispensarios, hospitais, orfanatos e escolas de países do Terceiro Mundo onde traballan con total entrega e xenerosidade os misioneíros.

Queira Deus que esta Xornada da Infancia Misioneira sirva para mover os nosos corazóns. Para sentirnos máis resnonsables na educación dos nenos nun espirito de fraternidade universal. Para suscitar a admiración e a colaboración cos misioneiros, que entregan a súa vida á causa do Evanxeo. E que sirva para espertar vocacións, misioneiras nos nenos e adolescentes, dispostos a compartir non só os bens materiais senón a propia vida nun exercicio de entrega ós máis desfavorecidos".
Gonzalo Fraga Vázquez (Vicario Xeral Diócese de Lugo)