Skip to main content

Aclaracións sobre a marcha de membros da UMG-UPG

1.- Esta é a primeira vez que nos diriximos á prensa desde que abandonamos a militancia política na UMG-UPG. Todas aquelas informacións que apareceron na prensa antes do día de hoxe son, polo tanto, filtracións interesadas que o único que pretenden é desacreditarnos ante a militancia do Bloque Nacionalista Galego. Da mesma maneira o comunicado que primeiro puxemos en coñecimento da Unión do Povo Galego e que depois distribuimos entre sectores da militancia nacionalista, non ía ser entregado tampouco aos medios de comunicación. Se este texto aparece recollido nos medios nos próximos días deberáse pois ao mesmo tipo de filtracións malintencionadas.
 
2.- Xosé Emilio Vicente Caneda está nestes momentos a exercer como Secretario Xeral de Galiza Nova  no Consello Nacional do BNG, como por outra parte fixo durante toda esta semana e leva facendo desde que foi eleito.
 
3.- As razóns que nos levan a abandonar a UMG-UPG son de sobra coñecidas por este partido e non ten sentido algún que se pretendan  dar debates internos da Unión do Povo Galego nos medios de comunicación. Podemos dicir, iso si, que marchamos por atopar a democrácia interna insuficiente: a discrepancia tranformábase en disidencia. Entendemos ademais que a UMG non é permeábel xa ás demandas de importantes sectores da mocidade galega e que non recolle as nosas inquedanzas políticas nen nos representa. Non entendemos tampouco a maneira na que está a actuar a UPG nestes momentos: ultraortodoxia no terreo organizativo,  clandestinización da ideoloxía na súa expresión pública.
 
4.- Continuaremos a traballar no seo do Bloque Nacionalista Galego. Neste sentido apostamos claramente pola defensa dun frentismo baseado na pluralidade ideolóxica e de intereses que debe ser o rasgo fundamental dunha alianza de clases como é hoxe o BNG. Para nós frentismo non é, pois,  sinónimo de coaligación de lobbies de presión. Deste xeito cremos que existe un espazo político no seo do Bloque que non está suficientemente ben representado. Un espazo que mire aos movimentos sociais nacionalistas respeitando a súa autonomía, que represente os intereses das clases populares, que se implique na construción dunha comunidade nacional que resista á unifomización españolista, que colabore na criación de medios de comunicación próprios e alternativos, que se implique na apertura de locais sociais nacionalistas e que acredite na mobilización, na loita e no traballo de base como ferramentas imprescidíbeis para a liberación nacional e social da nosa Patria. Nese camiño esperamos coincidir con muitos e muitas compatriotas.

Fernando Balsa Rei (Responsábel Local de Galiza Nova de Compostela)

Silvia Becerra Aldrei (Galiza Nova-Compostela)

Yurena Cano Vidal (Dirección Nacional de Galiza Nova, Compostela)

Rafael Dopico Carballeira (Galiza Nova/CAF, Compostela)

Zélia García Parra (Responsábel Comarcal da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, Compostela)

Miriam García Rivero (Responsábel Local de Galiza Nova de Vigo)

Carlos Artur González Taboada (Galiza Nova, A Montaña/CAF, Compostela)

Laksmy Irigoyen Regueiro (Galiza Nova, Vigo)

Olaia Ledo Díaz (Galiza Nova, Compostela)

Macías López Igrexas (Responsábel Comarcal de Galiza Nova de Muros-Noia/Responsábel de Organización dos CAF da Coruña)

Iria Flavia López Presedo (Galiza Nova, A Coruña)

Breixo Lousada Valdés (Dirección Nacional de Galiza Nova, A Coruña)

Roi Ribeira Becerra (Responsábel Comarcal de Galiza Nova de Compostela)

Hadrián Román Carreiro (Galiza Nova, Vigo/Responsábel de campus dos CAF de Vigo)

Roi Vázquez Cabanas (Galiza Nova, Compostela)

Xosé Emilio Vicente Caneda (Secretario Xeral de Galiza Nova, Compostela)

Cristovo Vidal Fernández (Responsábel Comarcal de Galiza Nova de Vigo)

Iria Vilar San José (Galiza Nova, A Coruña/Consello Nacional dos CAE)
Disidentes de UMG-UPG