Skip to main content

Pesca inicia con éxito as xornadas de exaltación do ourizo en Lugo

O plan experimental da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos destinado a promocionar na zona de Lugo o consumo do ourizo deu comenzo hoxe coa participación dunhas trescentas persoas, entre veciños e profesionais, que recolleron cada un e ao longo de toda a mañán unha media de 3,5 kilos de produto.

A campaña de extracción, que foi controlada por persoal da Consellería
para garantir o seu bo desenvolvemento, tivo dende o primeiro momento o
apoio das confrarías de pescadores de Ribadeo, Burela, Celeiro, O
Barqueiro, Cariño, Foz, San Cibrao, O Vicedo, Espasante e Cedeira, cuxos
socios tamén participaron na iniciativa que Pesca enmarcou nas “Xornadas
de Exaltación de Produtos do Mar”.

Algo máis dun milleiro de persoas inscribíronse previamente nos pósitos
para participar nesta actividade que inclúe charlas técnicas e
gastronómicas e que persigue promover o interese neste marisco, moi
apreciado en outras rexións como Asturias e en países como Francia. Para
participar nas xornadas, que terán lugar durante oito días repartidos
entre os meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril, os veciños e
profesionais tiveron que comprometerse previamente a recoller un máximo
de 5 kilos de ourizo por persoa e que o produto fora destinado ao
autoconsumo, é dicir que non pode ser comercializado.

Lugo foi o lugar elexido para esta experiencia xa que ademais de contar con
todo o apoio do sector pesqueiro e marisquero, ten abundante recurso e moi
poucos profesionais adicados ao mesmo. De feito, unha das zonas que conta
con máis abundancia desta especie é Burela, que só ten un profesional
adicado á mesma, mentres que Celeiro, que é outra das zonas de ourizo
subexplotadas, só conta con catro mariscadoras adscritas ao seu Plan de
Explotación.

Por outra banda, os bancos de ourizo máis importantes están situados en
zonas infralitorales ás que só se pode achegar con mareas vivas. Isto
significa que só terían acceso a elas os mariscadores a flote, nunca os de
a pé, polo que o plan experimental posto en marcha pola Consellería de
Pesca non terá ningún efecto sobre o recurso.

Unha exquisitez gastronómica

O sistema reproductor do ourizo esta formado por cinco gónadas é son
precisamente estas a parte máis apreciada deste equinodermo. Pódense
consumir crúas ou cocidas, pero tamén doutro xeito máis elaborado como en
paté conserva ou revoltos. Nas xornadas de exaltación celebradas estos
días, os participantes poderán coñecer as diferentes elaboracións
gastronómicas do produto, con obradoiros impartidos por especialistas.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia