Skip to main content

O Consorcio Audiovisual de Galicia estará presente no Marché du Film en Cannes entre o 17 e o 27 de maio

Este espazo está integrado nun stand común no que tamén participan o ICEX-Fapae, Catalan Films&TV, ICAA, PromoMadrid e as empresas Arcadia Infinity Films, Grupo Pi, Latido e Ciudad de la Luz.

O Consorcio abre este espazo a aqueles profesionais galegos que queiran asistir baixo este “paraugas”. Para o que será necesario que cumprimenten un formulario, que se pode acadar a través da web www.consorcioaudiovisualdegalicia.org. Unha vez cuberto pode enviarse por fax ao 981.54.58.47 ou ao mail: info@galiciafc.org. A partir de aquí, cada empresa recibirá un código individual para poder rexistrarse on-line na web do Marche du Film.

A data límite para acreditarse e poder participar no Marche é o 30 de abril, e o 14 para figurar na guía do mercado. Para rexistrarse no mercado cada persoa aboará 299 euros.

Ao igual que en pasadas edicións, o Marché du Film de Cannes leva a cabo un programa, Producers Network que ten como principal obxectivo fomentar as oportunidades de coprodución internacional. Esta acreditación está reservada a aqueles profesionais que teñan como actividade principal a producción e que polo menos produciran unha longametraxe nos últimos tres anos estreada en salas comerciais. O Producers Network está limitado a 2 produtores por compañía que deberán aboar 335 euros por acreditación.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia