Skip to main content

Fernando Blanco reitera aos representantes de CC.OO. en Ence que o traslado da planta é un compromiso firme do Goberno galego

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, reunise cos representantes sindicais de CC.OO. no comité de empresa de ENCE, aos que lles comunicou que o traslado da planta de celulosa a Barro-Meis é “unha das alternativas que estuda o Goberno Galego”.

O conselleiro nacionalista reiterou ante os representantes de CC.OO. que a Xunta de Galicia decidirá a ubicación definitiva para o traslado da fábrica entre as “diferentes alternativas” que baralla, algunhas delas xa sobre a mesa e outras que aínda poden ser presentadas. “Escollerase a que sexa máis positiva para o conxunto da sociedade galega”, mantén.

“O que temos que facer é buscar a mellor solución, o mellor para os intereses de todos, dende o punto de vista medioambiental, urbanístico, laboral, industrial e económico”, subliñou Blanco.

O titular de Innovación e Industria lembroulles aos representantes sindicais que o traslado de ENCE é un acordo de goberno, froito dunha decisión política lexitimada por unha ampla maioría, e que polo tanto “ese é o obxectivo co que traballamos e un compromiso que imos levar a cabo”.

O conselleiro nacionalista tamén lles trasladou aos membros de CC.OO. no comité de empresa de ENCE que o plantexamento da consellaría que dirixe pasa por “completar os ciclos industriais e produtivos porque ese é tamén o noso obxectivo”.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia