Skip to main content

O presidente da Xunta comprométese a impulsar un gran centro de investigación do software liderado pola Universidade da Coruña

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, comprometeuse co rector da Universidade da Coruña a impulsar a creación na Coruña dun gran centro de investigación no ámbito do software.

Pérez Touriño que recibiu ao rector da Universidade de A Coruña, José María Barja, acompañado pola Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, avanzoulle ao rector a disposición do goberno galego para definir conxuntamente esta infraestructura de relevancia que debería ser liderada pola Universidade de A Coruña.

O obxectivo é que este centro se convirta nunha iniciativa solvente e cientificamente competitiva nunha das áreas de maior competencia desa universidade, o software.

O presidente do goberno, que se reunía por primeira vez co rector coruñés, fixo un repaso dos temas pendentes da Universidade de A Coruña e comprometeu o apoio da Xunta na creación e desenvolvemento do proxecto do Parque Científico de Elviña.

Touriño sinalou a disposición da Xunta a colaborar para que estas infraestructuras e edificacións que albergarían áreas tecnolóxicas xa existentes, se poña en marcha no menor prazo de tempo posible.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia