Skip to main content

Quintana invita a Núñez Feijóo a pensar por unha vez en Galiza e non no PP

Quintana invitou ao PpdeG e en concreto ao seu presidente, Alberto Núñez Feijóo a felicitarse polo que é “un gran éxito para Galiza”, como é ter conseguido a transferencia do ISM nunhas condicións xustas que nos van a permitir mellorar a calidade de vida e os servizos de moitos galegos e galegas. En resposta ás consideracións feitas polo PP arredor das negociacións sostidas polos sucesivos gobernos Fraga, Quintana considera que “é mellor calar e non mirar atrás para evitar que os dirixentes do PP teñan que ruborizarse”.

En todo caso o vicepresidente considera que Alberto Núñez Feijóo e José María Azxnar deberían explicar aos galegos e as galegas por que o Goberno Aznar estaba disposto a transferir o ISM en 9 millóms de euros e o Goberno Fraga a aceptalo “dañando gravemente os intereses de Galiza” e só o cambio de goberno en Madrid e a “sumisión cega” do PP galego á estratexia de confrontación do PP de Madrid o impideu.

Comparecencia no Parlamento

De feito o Vicepresidente da Xunta ten solicitada xa unha comparecencia ante o pleno do Parlamento galego para explicar los termos do desbloqueo das novas transferencias e invita ao PP a facer “o mesmo exercicio de transparencia” en sede parlamentaria.

Vicepresidencia volve a emprazar ao PPdeG a explicarlles aos galegos por qué o que o bipartito desbloqueou en seis meses, estivo trece anos bloqueado. Dende o departamento de Anxo Quintana se lamenta que o PP non aproveite esta oportunidade para “pedir perdón” a todos os galegos por ter bloqueado primeiro coa súa sumisión ao goberno Aznar e depois coa súa coa súa “estratexia partidista” este traspaso dende o ano 1993.

Ademais a Vicepresidencia lamenta tamén que para “ocultar o seu fracaso e a súa incompetencia” nesta materia, o PP galego se invente unha suposta polémica entre PSdeG e BNG ao respecto deste proceso, cando o que teñen diante é un exemplo de que o modelo de cooperación intelixente da resultados e o modelo de confrontación estéril seguido por Fraga e Núñez Feijóo só conduce á impotencia. Por iso Vicepresidencia empraza ao PP a cambiar de estratexia, a traballar en serio por Galiza e a arrimar o hombro para que Galiza teña mais autogoberno e mais transferencias en condicións xustas e boas para o país. Quintana considera “lamentable” que o PP utilice unha noticia que é boa para Galiza e que debería servir para unirnos, para seguir sementando a división, a crispación e o enfrontamento.
Por iso a Vicepresidencia da Xunta, ante as afirmacións feitas polos populares galegos respecto do acordo para o traspaso do ISM a Galicia, considera que o que deberían facer dende o PP galego é “felicitar ao goberno polo éxito acadado”, un éxito que como dixo o vicepresidente, Anxo Quintana, “é de todos e para Galicia”.
Unha vez mais Vicepresidencia volve a tender a man ao PP galego para “traballar no que nos une e non no que nos separa”.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia