Skip to main content

Esther González, delegada provincial en A Coruña da Consellería de Presidencia, visita o concello de Ordes

A finalidade desta reunión era tal e como afirmou Esther González coñecer persoalmente o alcalde e corporación “e recadar a información das necesidades e demandas que requiran a actuación da Xunta de Galicia”. A Delegada Provincial tamén afirmou que dende a Consellería de Presidencia tiñan pouca capacidade inversora polo que realizaban en maior medida actuacións transversais.

Desta maneira o rexidor ordense centrouse na exposición de tres peticións: creación dun novo xulgado, un novo vehículo de protección civil e a ampliación da Casa do Concello:

1) No que respecta a creación dun novo xulgado, tanto os membros do PP, CDI, PSOE e BNG amosáronse dacordo en que esta era a petición máis importante. Sen embargo, Esther González, afirmou que “non é fácil conseguir novos xulgados”, xa que a creación sempre s e fai en función do número de casos que haxa para ser xulgados.

2) En canto o novo vehículo para protección civil o alcalde expuxo que era necesario conseguir un novo xa que algúns tiñan máis de 15 anos. Pola súa banda, Esther González comprometeuse a que se faría un reparto en consideración ás necesidades dos concellos.

3) Finalmente, Martino expuxo a petición de amplía-la Casa do Concello, para conseguir novas oficinas, locais para tódolos grupos políticos e reformar o salón de sesións, ó que Esther González comprometeuse s analizar tódalas obras propostas.

A reunión rematou cunha visita ás instalacións da Casa Consitorial.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ordes