Skip to main content

Preto de 50 empresas e asociacións do sector pesqueiro galego participan na XV Seafood de Bruxelas

O director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, Manuel Cabirta, inaugurou o Encontro Eurofish 2006 no marco da Feira Europea Seafood, que se está a celebrar en Bruxelas ata o 11 de maio. Manuel Cabirta foi o encargado de abrir estas xornadas, que se encandran dentro do programa europeo Al-Invest III e que teñen por obxectivo potenciar as relacións económicas entre diversas empresas europeas e lationamericanas do sector pesqueiro.

Eurofish 2006 conta este ano coa participación de 193 compañías do ámbito
da pesca, especialmente do procesado, a distribución e a
comercialización. Delas, 55 son sudamericanas, procedentes de México,
Chile, Perú, Arxentina e Ecuador; e 138 europeas, de España, Portugal,
Polonia, Alemania, Gran Bretaña e Francia.

Durante os tres días de duración da feira, está previsto que se produzan
máis de 900 reunións no marco deste encontro, onde as pequenas e medianas
empresas de ambos lados do Atlántico poderán estar en contacto. Deste
xeito, tal e como explicou Manuel Cabirta durante a súa intervención,
favorecerase a posibilidade de acordos bilaterais proveitosos.

Asimesmo, o director xeral de Estruturas lembrou “o especial interese que
ten a Consellería de Pesca neste tipo de iniciativas, que intensifican a
cooperación entre ambas rexións”. De feito, o departamento que dirixe
Carmen Gallego amosou o seu apoio a este programa coa sinatura dun
convenio, a través do cal se destinaron 20.000 euros.

O stand institucional de Pesca acolle 49 empresas e asociacións

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos está presente na XV Edición
da European Seafood Exhibition cun stand institucional propio, de 801
metros cadrados distribuidos en catro illas. Nesta instalación
desenvolveranse actuacións de tipo comercial, xa que nel participan 49
empresas e asociacións do sector pesqueiro galego, ademais doutras
actividades promocionais como degustacións de produtos do mar.

A European Seafood Exhibition, considerada a feira máis importante do
sector pesqueiro a nivel mundial, é unha cita imprescindible para todos
os maioristas e minoristas e fundamentalmente para os compradores e
vendedores europeos. A feira ocupa unha extensión de 20.000 m2, nos que
este ano expoñen 1.500 empresas procedentes de máis de 60 países.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia