Skip to main content

Touriño asegura que o Plan Estratéxico das Tecnoloxías da Información na Sanidade supón un salto cualitativo na atención sanitaria

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, salientou que a posta en marcha do Plan Estratéxico das Tecnoloxías da Información e da Comunicación aplicadas ao Sistema Sanitario Galego permitirá dar un “salto cualitativo” na atención aos cidadáns ao tempo que colocará a Galicia na vangarda de España e Europa na aplicación das novas tecnoloxías. Este plan, que terá unha vixencia de catro anos, contará cun orzamento de 150 millóns de euros cofinanciados en parte pola Unión Europea.

Así o manifestou en Vigo o máximo mandatario galego durante a presentación deste plan, acto no que estivo acompañado, entre outros, das conselleiras de Sanidade, María José Rubio Vidal e Pesca, Carmen Gallego Calvar, e da presidenta do Parlamento, Dolores Villarino.

Na súa intervención, Pérez Touriño enfatizou que o Plan hoxe presentado supón a materialización do compromiso do Goberno que preside coa mellora da calidade da asistencia sanitaria e indicou que o programa Rede de Saúde “dará resposta eficaz e eficiente” tanto ás necesidades dos profesionais da sanidade galega como ás demandas da cidadanía. “Rede de Saúde ten un valor social e sanitario de primeira liña. Trátase dun proxecto orientado aos usuarios, de marcado carácter social. A cidadanía colócase nun primeiro plano e convértese na nosa razón de ser”, expuxo.

Así, indicou que este proxecto permitirá a integración dos centros sanitarios nunha rede única de infraestruturas e de servizos que “redundará positivamente” na prestación dos mesmos e que garantirá “a igualdade de oportunidades” de todos os cidadáns no seu acceso.

O presidente sostivo que a implantación da e-sanidade está a marcar “un antes e un despois” na atención sanitaria galega e na súa modernización pois as tecnoloxías da información constitúen unha “ferramenta indispensable” neste proceso. “A aplicación do novo sistema supón un salto cualitativo no ámbito da saúde que é o servizo máis valorado pola cidadanía”, manifestou Pérez Touriño, quen salientou que o proxecto Rede de Saúde “coloca a Galicia na vangarda das tecnoloxías da información e a comunicación”. ”Convértenos en referente, non só a nivel do Estado, senón a nivel europeo”, agregou.

Aposta polo I+D sanitario

Nesa liña, explicou que este plan supón un paso máis na aposta do Goberno por potenciar as políticas de innovación e I+D sanitario en Galicia pois, por primeira vez na historia da comunidade, a investigación e o desenvolvemento sanitario se incorpora no Plan Galego de I+D+i, “concibido este como instrumento de converxencia real con España e coa Unión Europea”.

“Rede de Saúde é un proxecto de xeración e intercambio de coñecemento e formación que abranguerá a todos os profesionais, especialidades, centros e niveis asistenciais. Así mesmo, dinamizará a investigación sanitaria, potenciando as posibilidades de cooperación, coordinación e planificación da investigación e permitindo as transferencias de coñecemento”, aseverou.

Nova Lei Galega de Saúde

Paralelamente, o presidente explicou que este novo plan enmárcase na “complementaria e necesaria” reforma da Lei de Ordenación Sanitaria de Galicia, da que cuestionou o seu plantexamento “puramente regulamentario”. Pérez Touriño explicou que o Goberno galego ten xa avanzada a redacción do anteproxecto de Lei Galega de Saúde, que establecerá un novo marco normativo “partindo do principio de protección e garantía e non só dende a visión organizativa do servizo”.

Así, explicou que a nova lei parte dunha óptica “participativa e consensuada”, na que os profesionais sanitarios “se sintan identificados”. Unha lei “claramente garantista dos dereitos da cidadanía, dos profesionais e da sanidade pública” que concibe a protección da saúde como unha política de goberno “que deberá terse presente” nas políticas sectoriais e que potencia o carácter público da sanidade. Unha lei que prevé a creación da figura do Valedor do Paciente, a regulación dos sistemas de información e avaliación do sistema sanitario galego ou a do voluntariado no marco do sistema.

“Este é un Goberno con políticas claras, de consenso, de sinerxías, de esforzo modernizador, que avanza, en conxunto e co país enteiro. Por iso, as novas liñas de mellora da sanidade galega presentadas hoxe son expresión dun xeito de facer política que distingue o presente do pasado, que fai país pensando no futuro, no de todas e todos”, concluíu.

Rede de saúde

Este plan, de grande complexidade tecnolóxica, conta cun carácter multidisciplinar polo que a tecnoloxía non é suficiente por si mesma, e precisa da colaboración de todos: cidadáns, empresarios e profesionais do sistema sanitario. Estes conceptos permítennos entender mellor as seis grandes liñas estratéxicas que conforman Rede de Saúde.

A primeira delas, está orientada a proporcionar ao Servizo Galego de Saúde ferramentas que permitan aumentar a eficiencia e calidade da asistencia sanitaria. Inclúense aquí proxectos tan ambiciosos como a historia clínica, os procesos de prescrición e dispensación electrónica, ou a dixitalización da imaxe médica.

Así a historia clínica electrónica única conta cun orzamento de 30 millóns de euros, dos que máis de oito millóns están a ser investidos neste 2006, co obxectivo de completarse nos centros da área de Ferrol, Complexo Hospitalario de Pontevedra e Complexo Hospitalario de Vigo. Ademais está iniciada a súa implantación en todos os centros de saúde e nos complexos hospitalarios de Ourense, de A Coruña e de Lugo.

Así en concreto, a historia clínica electrónica integra todos os historiais dos galegos independentemente do centro sanitario ou lugar de residencia, garantindo o control e a confidencialidade do paciente. Rubio Vidal engadiu que “poder falar dun proxectos como a historia electrónica é un privilexio e unha realidade”.

Enmarcado dentro da historia electrónica, está o proxecto de prescrición e dispensación electrónica, que conta cun orzamento de 12 millóns de euros e un período de execución de tres anos. Neste 2006, implantarase a prescrición electrónica en todos os postos médicos informatizados, 300 xa existentes e 700 de nova creación. Tamén está en marcha o proxecto de imaxe médica dixital coa implantación do Sistema de Información de Dixitalización de Imaxe, que xa está no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.

Espazo Saúde

A accesibilidade ao sistema sanitario pública é a segunda liña estratéxica, que trata de facilitar o achegamento do cidadán á administración a través das novas tecnoloxías, o que permitirá mellorar a calidade de vida e do servizo, a participación do cidadán na planificación e na xestión, e incrementar a eficiencia e eficacia do sistema sanitario.

O uso de mensaxería a través de telefonía móbil; a citación a través de internet en Atención Primaria; a consulta dos recursos dos centros ou das listas de espera, e a posta en marcha de servizos de queixas ou propostas, son algunhas das utilidades máis concretas perfiladas nesta liña de actuación.

Espazo saúde ten como obxectivo incrementar a accesibilidade, a dispoñibilidade e a eficiencia a través das novas tecnoloxías.

Outras liñas de Rede de Saúde

A xestión da información é a actuación á que se orientará a terceira liña estratéxica. Inclúese aquí o aproveitamento das vantaxes das novas tecnoloxías e a posta en marcha de procedementos tanto administrativos como de estratexias que promovan unha xestión baseada no coñecemento. É dicir, recoller información que permita por exemplo, avaliar a actividade hospitalaria e asistencial.

.As actividades de planificación, investigación e de vixilancia epidemiolóxica conforman a cuarta liña estratéxica de Rede de Saúde. Inclúense neste eixo de acción os sistemas de vixilancia de saúde pública, ou proxectos como o rexistro galego de tumores.

A quinta liña estratéxica está baseada na optimización de procesos. Neste senso, trabállase en tres planos distintos. No de profesionais sanitarios precísase dun sistema integral da xestión de recursos humanos que permita establecer comunicacións automatizadas entre distintos niveis administrativos. Isto é, coñecer de forma áxil os niveis de cobertura, planificar cadros de persoal e turnos, canalizar as substitucións, etcétera. No plano económico, é necesario contar cun sistema que ordene e adecúe os procedementos administrativos; e dende o punto de vista dos pacientes cómpre contar cunha xestión integrada ao longo de todo o proceso asistencial.

As infraestruturas e os servizos dan forma a sexta liña estratéxica de Rede de Saúde, o obxectivo é claro, pois é preciso homoxeneizar os servizos que se ofrecen tanto a profesionais como aos cidadáns para chegar a niveis óptimos de calidade. Inclúese aquí a potenciación de sistemas de calidade que garantan a seguridade dos datos almacenados tomando as medidas precisas para evitar a perda do tipo de documentos empregados en sanidade, como as historias clínicas, que deben estar dispoñibles en cada momento.

En canto ás Tecnoloxías da Información, está previsto continuar coa informatización dos centros, minimizando os riscos de que a instalación poida quedar total ou parcialmente inoperativa por causa de calquera tipo de sinistro.

Conselleira de Sanidade

A Consellería de Sanidade presentou en Vigo Rede de Saúde, o Plan de Tecnoloxías da Información para a Administración Sanitaria Galega que para a conselleira, María José Rubio Vidal suporá “un antes e un despois para toda a cidadanía”. Un acto no que a titular do departamento sanitario estivo acompañada polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a presidenta do Parlamento, Dolores Villarino Santiago, e pola conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, María del Carmen Gallego Calvar.

Rede de Saúde trátase dun proxecto único para Galicia que englobará todas as actividades relacionadas cos sistemas e tecnoloxías da información da administración sanitaria galega nos próximos catro anos, e conta cunha inversión estimada de 150 millóns de euros, en parte procedente de fondos europeos. Segundo salientou Rubio Vidal, “non é un feito illado, é a aposta de todo o Goberno de Galicia pola innovación, e está enmarcado dentro das Directrices da política sanitaria galega” acordadas en outubro de 2005.

A importancia do correcto uso das novas tecnoloxías permitirá, segundo Rubio Vidal establecer “modelos organizativos máis eficientes e a obtención dunha información precisa que nos permite avaliar técnica e economicamente o funcionamento da nosa sanidade”, e permitirá tamén superar “os desequilibrios territoriais, reducindo as distancias e os desprazamentos, acelerando o proceso de diagnóstico e o tratamento”. En xeral, Rede de Saúde, segundo explicou Rubio Vidal permitirá que “a cidadanía galega poida acceder a todo un catálogo de servizos a través de diferentes canais; os nosos profesionais terán acceso a unha plataforma de formación electrónica; e os provedores disporán de máis axilidade administrativa grazas á contratación electrónica”

María José Rubio Vidal incidiu na importancia de que este Plan “facilita enormemente a continuidade asistencial entre Atención Primaria e Especializada, e tamén incrementa a capacidade resolutiva do nivel máis próximo á cidadanía, que evitará a sobrecarga hospitalaria”.

Son algunhas das razóns polas que este Plan, segundo salientou Rubio Vidal, “encaixa coa realidade do noso país, caracterizado pola dispersión poboacional”. Ademais, Rede de Saúde servirá tamén de pulo ás iniciativas que se porán en marcha en Galicia, pois para a conselleira de Sanidade estamos ante un proxecto “que quere aproveitar o grande potencial das empresas abrindo novas oportunidades para o desenvolvemento da economía de Galicia creando unha rede de cooperación cos diferentes actores económicos do país”.

Este plan, de grande complexidade tecnolóxica, conta cun carácter multidisciplinar polo que a tecnoloxía non é suficiente por si mesma, e precisa da colaboración de todos: cidadáns, empresarios e profesionais do sistema sanitario. Estes conceptos permítennos entender mellor as seis grandes liñas estratéxicas que conforman Rede de Saúde.

A primeira delas, está orientada a proporcionar ao Servizo Galego de Saúde ferramentas que permitan aumentar a eficiencia e calidade da asistencia sanitaria. Inclúense aquí proxectos tan ambiciosos como a historia clínica, os procesos de prescrición e dispensación electrónica, ou a dixitalización da imaxe médica.

Así a historia clínica electrónica única conta cun orzamento de 30 millóns de euros, dos que máis de oito millóns están a ser investidos neste 2006, co obxectivo de completarse nos centros da área de Ferrol, Complexo Hospitalario de Pontevedra e Complexo Hospitalario de Vigo. Ademais está iniciada a súa implantación en todos os centros de saúde e nos complexos hospitalarios de Ourense, de A Coruña e de Lugo.

Así en concreto, a historia clínica electrónica integra todos os historiais dos galegos independentemente do centro sanitario ou lugar de residencia, garantindo o control e a confidencialidade do paciente. Rubio Vidal engadiu que “poder falar dun proxectos como a historia electrónica é un privilexio e unha realidade”.

Enmarcado dentro da historia electrónica, está o proxecto de prescrición e dispensación electrónica, que conta cun orzamento de 12 millóns de euros e un período de execución de tres anos. Neste 2006, implantarase a prescrición electrónica en todos os postos médicos informatizados, 300 xa existentes e 700 de nova creación. Tamén está en marcha o proxecto de imaxe médica dixital coa implantación do Sistema de Información de Dixitalización de Imaxe, que xa está no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.

A accesibilidade ao sistema sanitario pública é a segunda liña estratéxica, que trata de facilitar o achegamento do cidadán á administración a través das novas tecnoloxías, o que permitirá mellorar a calidade de vida e do servizo, a participación do cidadán na planificación e na xestión, e incrementar a eficiencia e eficacia do sistema sanitario.

O uso de mensaxería a través de telefonía móbil; a citación a través de internet en Atención Primaria; a consulta dos recursos dos centros ou das listas de espera, e a posta en marcha de servizos de queixas ou propostas, son algunhas das utilidades máis concretas perfiladas nesta liña de actuación.

Espazo saúde ten como obxectivo incrementar a accesibilidade, a dispoñibilidade e a eficiencia a través das novas tecnoloxías.

A xestión da información é a actuación á que se orientará a terceira liña estratéxica. Inclúese aquí o aproveitamento das vantaxes das novas tecnoloxías e a posta en marcha de procedementos tanto administrativos como de estratexias que promovan unha xestión baseada no coñecemento. É dicir, recoller información que permita por exemplo, avaliar a actividade hospitalaria e asistencial.

.As actividades de planificación, investigación e de vixilancia epidemiolóxica conforman a cuarta liña estratéxica de Rede de Saúde. Inclúense neste eixo de acción os sistemas de vixilancia de saúde pública, ou proxectos como o rexistro galego de tumores.

A quinta liña estratéxica está baseada na optimización de procesos. Neste senso, trabállase en tres planos distintos. No de profesionais sanitarios precísase dun sistema integral da xestión de recursos humanos que permita establecer comunicacións automatizadas entre distintos niveis administrativos. Isto é, coñecer de forma áxil os niveis de cobertura, planificar cadros de persoal e turnos, canalizar as substitucións, etcétera. No plano económico, é necesario contar cun sistema que ordene e adecúe os procedementos administrativos; e dende o punto de vista dos pacientes cómpre contar cunha xestión integrada ao longo de todo o proceso asistencial.

As infraestruturas e os servizos dan forma a sexta liña estratéxica de Rede de Saúde, o obxectivo é claro, pois é preciso homoxeneizar os servizos que se ofrecen tanto a profesionais como aos cidadáns para chegar a niveis óptimos de calidade. Inclúese aquí a potenciación de sistemas de calidade que garantan a seguridade dos datos almacenados tomando as medidas precisas para evitar a perda do tipo de documentos empregados en sanidade, como as historias clínicas, que deben estar dispoñibles en cada momento.

En canto ás Tecnoloxías da Información, está previsto continuar coa informatización dos centros, minimizando os riscos de que a instalación poida quedar total ou parcialmente inoperativa por causa de calquera tipo de sinistro.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia + Gabinete de Comunicación da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia