Skip to main content

A Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG) diante das eleccións xerais. Liberdade de voto e incompatibilidade sindical

Correspondendo a estes fundamentos, USTG aplicará as incompatibilidades que establecen os seus Estatutos. De tal xeito que se algún compañeiro ou compañeira con cargo de responsabilidade na estructura do Sindicato, tomara a decisión de se presentar ás eleccións nalgunha das candidaturas ao Congreso ou o Senado, cesará no seu cargo sindical no intre mesmo de ser proclamado candidato.
Polo emprego e o desenvolvemento de Galicia
A USTG valora fundamental que os programas electorais contemplen estes dous aspectos que deben ir a par, de xeito que a Galicia do terceiro milenio supere o secular atraso a respecto do resto de España e mesmo da Europa.
Conscientes de que detrás da evolución positiva do emprego nos últimos anos, está un importante incremento da precariedade laboral e de que a taxa do desemprego en Galicia segue a estar por riba da do Estado, desde USTG reclamamos ós partidos e o través deles ó goberno que se forme, unha actuación decidida para reducir o desemprego mediante a posta en práctica de políticas activas de emprego, unha decidida loita contra o fraude nas contratacións e unha aposta polo emprego fixo e contra o emprego precario.
Así mesmo, faise preciso implementar medidas de desenvolvemento Industrial que teña en conta as potencialidades de Galicia (transformación e manufactura das materias primas que producimos, agropecuarias, pesqueiras, madeireiras, minerais, etc.), así como impulsar e anticipar a realización das infraestructuras viarias, tanto as grandes vías (AVE, Transcantábrica, etc.), coma as de 2º e 3º nivel, a fin de superar os desequilibrios entre a Galicia do interior e a Galicia da costa e acadar así a converxencia real con Europa.
USTG