Skip to main content

Vicepresidencia ofrece a súa axuda ao Asilo San Marcos para calquera eventualidade ocasionada polo incendio forestal rexistrado en Santiago

O director xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Xunta, Bieito Seara, acudiu ao Asilo San Marcos, en Santiago, para interesarse polos posibles problemas que un incendio forestal orixinado na zona puidera ter causado aos usuarios deste centro.

No asilo, Seara trasladou á directora do mesmo en nome do vicepresidente da Xunta a súa disposición para o traslado dos residentes ou calquera outra axuda que puideran precisar.

O incendio orixinado nesta zona de Santiago está controlado e non afectou ao inmoble, de titularidade integramente privada e xestionado por unha entidade relixiosa, pero o director xeral de Acción Social ofreceulle aos seus responsables, os centros e medios dos que dispón a Vicepresidencia por se consideran necesario o traslado de algún residente dos 200 usuarios que ten este centro, ou calquera outra axuda.

Xuntanzas do vicepresidente da Xunta

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, reuniuse co presidente da Federación de Sociedades Galegas en Bos Aires e tamén recibiu a representantes da Casa de Boiro en Arxentina.

Fotografías correspondentes ós encontros do vicepresidente da Xunta xa referidos

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Xunta de Galicia