Skip to main content

Santiago Domínguez Olveira presentou a XVII Copa Xunta de Galicia de Fútbol Sala

Durante o acto celebrouse tamén o sorteo dos emparellamentos da primeira fase da competición (incluímos documentación relativa ao resultado do sorteo).

Domínguez Olveira presentou a competición insistindo en que “é obrigado que se potencie este tipo de competición polo que significa o fútbol sala en Galiza e polo arraigada que está a súa práctica nas categorías inferiores, polo que merece a maior das repercusións. Dende a Dirección Xeral para o Deporte, queremos darlle realce a esta Copa”.

A nivel económico, o director xeral para o Deporte adiantou que os equipos recibirán 4.000 euros por participación; 7.000 euros para aqueles equipos que superen a primeira fase; 10.000 euros para os clasificados en 3º e 4º posto; 12.000 euros para o subcampión e 15.000 euros para o gañador da Copa (non sendo acumulábeis as contías que se reciben por participación).



Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia