Skip to main content

José Ramón Val Alonso toma posesión como delegado territorial de Pesca en Lugo

A conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego; o director xeral de Recursos Mariños, Francisco Fernández Cortés; e a directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, Fátima Linares, acompañaron hoxe a José Ramón Val Alonso na toma de posesión do seu posto como delegado territorial da Consellería de Pesca en Lugo. O acto, no que o novo delegado prometeu o seu cargo, tivo lugar no departamento de Pesca da Xunta de Galicia.

Biografía

Val Alonso naceu en Foz (Lugo) no ano 1980 e é Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en Economía Pesqueira no curso de postgrao que fixo tamén na Universidade compostelana.

Na actualidade traballaba en Reymogasa, desenvolvendo a función de especialista.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia