Skip to main content

Xosé A. Sánchez Bugallo, proposto para a reelección como candidato á Alcaldía de Santiago

Á reunión da Comisión da Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Santiago de Compostela asistiron a totalidade dos seus membros baixo da presidencia do Secretario Xeral Local, Bernardino Rama Seoane. Esta executiva tomou a decisión de propor ó actual alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, para encabezar a lista dos socialistas ó Concello nas próximas eleccións municipais que terán lugar o 27 de maio do ano vindeiro.

Xosé A. Sánchez Bugallo accedeu á Alcaldía da cidade no ano 1998 e revalidou o mandato as dúas convocatorias seguintes. Nas eleccións municipais de 2003 a lista do PSdeG-PSOE foi a máis votada polos composteláns, acadando once concelleiros dos vinte e cinco que compón a Corporación Municipal.


Agrupacion PSdeG-PSOE Santiago de Compostela